Pedro Mariño de Camba Soutomaior e Ulloa, nado en Insua (Taboada), foi un militar galego, que en 1678 foi nomeado gobernador da provincia de Costa Rica, cargo que rexeitou.
Traxectoria
Naceu en Taboada, sendo fillo de Juan Mariño Goyanes de Sotomayor e Antonia Taboada Somoza. Ingresou no exército o 30 de setembro de 1641 e serviu durante 33 anos. Tras pasar anos na fronteira de Estremadura, foi tenente de cabalos coiraza en Sevilla e acadou o grao de capitán de cabalos coiraza.
En 1678 foi incluído nunha lista preseleccionada do Consello de Indias para o cargo de corrixidor de Ica, pero non resultou elixido. O 3 de agosto de 1678 o rei Carlos II nomeouno gobernador de Costa Rica, en substitución de Juan Francisco Sáenz Vázquez de Quintanilla y Sendín de Sotomayor, pero declinou o cargo, sendo nomeado no seu lugar Pedro de Balbín y Busto.
Vida persoal Casou en Fuente del Maestre o 19 de outubro de 1653 con Catalina Zambrano Enríquez de Toro, natural daquela vila, e filla de don Juan Zambrano Enríquez de Toro e Elvira Zambrano Guerrero. Viviron na parroquia de Frameán, en Monterroso, e entre os seus fillos estaba Antonia Mariño de Camba, bautizada en Fuente del Maestre o 9 de decembro de 1666, que casou con don Juan Vargas Machuca y Adami. O seu bisneto Pedro de Quevedo y Quintano foi bispo de Ourense e cardeal da Igrexa Católica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Méritos de Pedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa no Portal de Arquivos Españois .
Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados no século XVII Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Militares de Galicia