Mar libre é un telefilme de televisión estreado en dúas partes en 2010, dirixido por Daniel de la Torre e protagonizado por William Miller, Miguel de Lira, Luis Zahera e María Vázquez. Na 9ª edición dos Premios Mestre Mateo gañou 3 premios, mellor filme para televisión, mellor interpretación feminina protagonista para María Vázquez e mellor deseño de vestiario.
Sinopse Conta unha historia de amor e aventuras ambientada no século XVIII no contexto da industria de salgadura na costa galega. Anxo Estrada (William Miller), capitán da Mariña, regresa á súa vila natal logo de quince anos nas Américas, marcado pola recente morte do seu pai, un destacado líder sindical. Este loitador sacrificou a vida ao enfrontarse á explotación imposta polo capitalista catalán Amadeu Curt (José Ángel Egido). Determinado a continuar a loita do seu pai, Anxo contará cunha aliada inesperada: a filla do empresario, interpretada por María Vázquez. O capitán namorarase profundamente dela, malia que a moza xa está prometida con outro home, o Intendente Marcos (Xosé Barato).
Personaxes
William Miller como Anxo Luis Zahera como Pincho María Vázquez como Montse José Ángel Egido como Amadeu Curt Xosé Barato como Marcos Isabel Naveira como Irene Chisco Amado como Don Ramón Miguel de Lira como Marcelo Xúlio Abonjo como Teo Jordi Banacolocha como Durán María Salgueiro como Ana César Cambeiro como Melo Pepo Suevos como Sindo Xosé Manuel Olveira "Pico" como Rogelio Mela Casal como María Toni Salgado como Iván
Produción A rodaxe comezou en setembro de 2009 e durou cinco semanas. Tivo como localizacións a illa de Sálvora, Redondela, Caldebarcos, Muros e Santiago de Compostela.
Galardóns e nomeamentos Na 9ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 9 categorías, gañando 3 premios, mellor filme para televisión, mellor interpretación feminina protagonista para María Vázquez e mellor deseño de vestiario.
En 2011, gañou o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cinema de Houston, e o Gold Plaque, o máximo galardón que se concede na categoría de miniseries de televisión na 47ª edición do Festival Internacional de Cinema de Chicago. Ademais, conseguiu o premio á mellor serie de televisión no Euro Filme Festival de Marbella.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Salgadura, miniserie de 2013 Ligazóns externas Ficha en Cultura Galega.org
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Dani de la Torre Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia