Donkey Xote é unha película de animación en 3D hispano-italiana de 2007 dirixida por José Pozo e producida por Filmax Animation e Lumiq Studios. O guión da película baséase na segunda parte de Don Quixote da Mancha. Tamén foi a primeira película de animación española que contou cunha vinculación de videoxogos.

A película estreouse en España o 5 de decembro de 2007 e foi dobrada a catro linguas (castelán, catalán, galego e éuscaro).

Sinopse O estraño grupo composto por Don Quixote, o seu escudeiro Sancho (en realidade é moi rico), o burro Rucio (que pretende ser un cabalo) e o verdadeiro cabalo, Rocinante, emprenden unha viaxe para se bateren en dó co "Cabaleiro da Lúa". Se Quixote o vence, o Cabaleiro revelaralle a verdadeira historia de Dulcinea.

Elenco PersonaxeActor orixinalActor de dobraxeActor de dobraxeNarradorEllen GouldJordi Gónzalez–Don QuixoteSteve SalazarJosé Luis GilLuis IglesiaSancho PanzaJames PhillipsAndreu BuenafuenteCarlos CousoRucioJoe LewisLuis PosadaVíctor MosqueiraRocinanteRobert PatersonDavid FernándezEvaristo CalvoSansón Carrasco/SinistroCarlton BaconSancho GraciaRoberto ReboiroDulcinea/Cabaleiro Media LúaInés MoraledaSonia FerrerLuisa Fernández-MirandaGalo JamesJoshua ZamryckiXavier FernándezRaúl DansDuquesaSarah DavisonMaría Luisa SoláMaría LiañoEgua/Matón–Manuel CeinosJosé Manuel RodríguezAltisadoraMolly MalcolmAlicia LaordenNora AbadTeresa Panza–Gloria GónzalezRemixio "Globus"–Javier AmilibiaXosé TanasPeter o panadeiro–José Antonio CerdánChema GaginoServo–Toni SolanesXerardo Couto Ficha de dobraxeDirectorChema GaginoEstudioStudio XXI S.L. (A Coruña)

Notas

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego Categoría:Filmes de animación Categoría:Filmes ambientados en España