Cuatro Caminos é un barrio administrativo de Madrid (España) pertencente ao distrito de Tetuán e situado na zona noroeste da cidade. Recibe o nome da glorieta de Catro Camiños, importante nó de comunicacións madrileño.

Os límites do barrio son, ao sur, a rúa Raimundo Fernández Villaverde, ao norte coa rúa de San Germán, que o separa do barrio de Castillejos; ao oeste coa rúa de Bravo Murillo e ao leste co paseo da Castellana.

Ao sueste do barrio atópase unha dos centros económicos de Madrid, AZCA.

Categoría:Barrios de Madrid