Entre o 11 e o 15 de febreiro de 2006 celebrouse un referendo de autodeterminación en Tokelau, supervisado pola Nacións Unidas. A proposta mudaría o status de Tokelau dun territorio non incorporado de Nova Zelandia a un estado autónomo en libre asociación con Nova Zelandia, semellante ás Illas Cook e Niue. Porén, aínda que o 60% dos votantes votou a prol, era precisa unha maioría de dous terzos para que a proposta prosperase.

A maioría dos tokelauanos residen en Nova Zelandia e non podían votar no referendo, de acordo coa práctica estándar dos votos obrigatorios das Nacións Unidas sobre autodeterminación. Porén, as preocupacións desta comunidade puideron influír nos que tiñan dereito a votar, contribuíndo así no fracaso do referendo.

A aprobación do referendo eliminaría a Tokelau da lista de territorios non autónomos das Nacións Unidas, xa que as Illas Cook e Niue foron eliminadas desta lista cando se lles concedeu o autogoberno en 1965 e 1974 respectivamente.

Datas Data Localización 11 de febreiro Apia, Samoa (votación especial no exterior) 13 de febreiro Atafu 14 de febreiro Nukunonu 15 de febreiro Fakaofo

Consecuencia O Ulu (xefe de goberno) saínte de Tokelau Pio Tuia suxeriu en febreiro de 2006 que, dado que a votación non pasou por unha marxe tan pequena, é probable que a cuestión se revisase dentro duns anos. En xuño de 2006, o seu sucesor Kolouei O'Brien anunciou que o Fono acordara realizar un referendo semellante de novo a finais de 2007 ou principios de 2008; ao final, decidiuse celebrar un segundo referendo de autodeterminación en outubro de 2007.

Un resultado non intencionado dos recentes esforzos das Nacións Unidas para promover a descolonización en Tokelau foi a reaparición dunha reclamación tokelauense sobre a Atol Swains, que forma parte legalmente da Samoa Americana, ata agora un problema un tanto inactivo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno de Tokelau

Tokelau Categoría:Tokelau