Uppsala é unha cidade situada no centro de Suecia, atópase a 70 km ó norte de Estocolmo. Uppsala é a cuarta cidade sueca en poboación, no censo do 2015 tiña 149 245 habitantes; cos arrabaldes, a área metropolitana de Uppsala ten unha poboación de 216 000 habitantes (2017).

Uppsala é a capital do Condado de Uppsala (Uppsala Län) e o centro eclesiástico de Suecia, sendo a sé do arcebispado dende o ano 1164. A cidade de Uppsala é famosa pola súa universidade, a máis vella de Escandinavia, fundada en 1477. Nesta universidade estudou Carl von Linné e foi profesor de botánica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Uppsala