Sierra Sur de Jaén é o nome dunha comarca das dez que ten a provincia de Xaén, en España.Mapa de comarcas de Andalucía. Listaxe comarcal definido pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía. A súa capital, como centro administrativo, é Alcalá la Real. Ten unha poboación de 41 025 habitantes (segundo os datos do INE para 2022), unha superficie de 784,27 km², e unha densidade de poboación de 52,31 hab/km².
Xeografía A comarca está situada no extremo suroccidental da provincia, e limita ao oeste coa provincia de Córdoba e ao sueste coa de Granada. Disposta a xeito de barreira natural da depresión do Guadalquivir, a Sierra Sur forma parte da franxa central da cordilleira Subbética, acada a súa maior altura na serra da Pandera (1 870 m).
Concellos A comarca estaba composta por dez concellos: Alcalá la Real, Alcaudete, Castillo de Locubín, Frailes, Fuensanta de Martos, Jamilena, Martos, Torredelcampo, Valdepeñas de Jaén e Los Villares.
Pero dende o 27 de marzo de 2003, e de acordo co catálogo elaborado pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía, transferíronse as localidades de Fuensanta de Martos, Jamilena, Martos, Los Villares e Torredelcampo á Comarca Metropolitana de Jaén. Quedando así a actual comarca Sierra Sur coas seguintes localidades: Alcalá la Real (capital) Alcaudete Castillo de Locubín Frailes Valdepeñas de Jaén
Notas
Véxase tamén
Categoría:Comarcas da provincia de Xaén