Penique neozelandés Xurxo VI (1936-1952)"1 Penny - George VI 1st type". Numista.com"1 Penny - George VI 2nd type". Numista.com170x170px170x170pxA/: Cabeza de Xurxo VI cara á esquerda, con lenda arredor. Lendas:

(190-1947): GEORGE V KING EMPEROR (1949-1952): KING GEORGE THE SIXTHR/: Paxaro tūī de pé entre pólas da árbore kōwhai. Lenda, valor facial e data. Lendas: NEW ZEALAND / ONE PENNY Valor: 1 penique = 1⁄240 libra. Datas: 1940-1952. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: T. Humphrey Paget (A/) e Leonard C. Mitchell (R/) Aliaxe: bronce. Diámetro: 31,75 mm. Espesor: 1,80 mm. Peso: 9,45 g. Canto: liso.

A moeda dun penique neozelandés é unha moeda de bronce de gran tamaño, cuñada entre 1940 e 1965 con ese valor facial, equivalente a 1⁄240 libra neozelandesa.

O penique foi introducido sete anos despois da aparición das moedas da libra neozelandesa de maior valor, e o seu lanzamento programouse para coincidir co centenario do Tratado de Waitangi, xunto co medio penique e unha moeda de media coroa conmemorativa do centenario de Nova Zelandia.

No seu anverso aparece o retrato estándar do monarca reinante, e no reverso represéntase un paxaro tūī pousado sobre unha póla de kōwhai.

O deseño do reverso escolleuse a partir dun concurso patrocinado polo Goberno. Os deseñadores británicos George Kruger Gray e Percy Metcalfe, que se encargaran de anteriores moedas neozelandesas, presentaron tamén as súas propostas para o penique, pero o vencedor do concurso foi o artista neozelandés Leonard Cornwell Mitchell. Metcalfe transformou os esbozos presentados por Mitchell nun modelo para a realización dos cuños, e a moeda entrou en produción a finais de 1939.

Logo da decimalización da moeda nese país en 1967, coa aparición do dólar neozelanés, o penique foi desmonetizado e substituído por outra moeda máis pequena, dun centavo. Aínda que houbo algunhas peticións para manter o deseño do tūī na nova moeda, finalmente abandonouse no novo sistema, do mesmo xeito que os demais deseños das moedas da libra neozelandesa.

Antecedentes e contexto

Aínda que a libra esterlina era a moeda de curso legal en Nova Zelandia desde 1858,Matthews, K. (2003). Páxinas 40-49. a mediados do século XIX circulaban xa na colonia neozelandesa varias moedas privadas e locais de cobre dun penique e de medio penique, cuñadas por comerciantes locais, debido á falta de moeda imperial británica. As primeiras destas fichas dun penique coñecidas empezaron a cuñarse en 1857 e, cando deixaron de producirse en 1881, constituían aproximadamente a metade da moeda de cobre que circulaba na colonia. Foron oficialmente desmonetizadas en 1897, cando a subministración de peniques e medios peniques británicos se fixo estable.Familton, R. J.; McLintock, A. H. (1966) .

A repentina afluencia de grandes cantidades de moedas australianas a Nova Zelandia a principios da década de 1930, xunto co contrabando desenfreado de moeda en resposta á desvalorización da libra neozelandesa con respecto á libra esterlina, impulsou a creación dunha moeda nacional distinta.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 144-145. A moeda de prata comezou a circular en 1933, mais daquela non se viu a necesidade inmediata de introducir peniques e medios peniques nacionais, xa que as moedas de cobre británicas seguían a circular como moeda de curso legal.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 154-155.Stocker, M. (2011). Páxinas 204-205.

Deseño En 1936, a Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia, que actuaba adoito a modo de órgano asesor do Goberno en cuestións de cuñaxe de moeda, comezou a facer presión para que se introducise no sistema monetario nacional a moeda de bronce en 1940, en correspondencia co centenario do Tratado de Waitangi. Completaríase así o sistema, logo da posta en circulación das moedas de prata en 1933. Nunha reunión de outubro de 1937 do Comité Histórico Nacional nomeado polo Goberno para este efecto, o subsecretario de Asuntos Internos Joe Heenan propuxo formalmente a emisión de moedas de bronce en 1940, xunto cunha moeda conmemorativa e media coroa.Stocker, M. (2011). Páxinas 204-207.

Convocatoria do concurso En xuño de 1938 formouse un comité encabezado polo subsecretario Athol MacKay e ao que se uniron varios membros do Comité Histórico Nacional, para a aprobación dos deseños presentados a un concurso que se convocou para os reversos da nova emisión, dado que para o anverso se tomaría o estándar co busto real deseñado por Humphrey Paget, común para toda a serie. Para o deseño do penique e do medio penique ofreceuse un modesto premio de 25 libras en cada caso, e concedeuse pouco máis dun mes para que os artistas interesados presentasen as propostas.

Propostas miniatura|Paxaros tūī na representación de J.G. Keulemans en History of the Birds of New Zealand (1888), probablemente utilizada como referencia para ou deseño de Mitchell.Keulemans, J. G. (1888). "Tui or Parson bird - prosthemadera novae-zealandiae (adult and young)". En Buller, W. L. A History of the Birds of New Zealand (2ª ed.). Lámina XLVII. Londres. George Kruger Gray e Percy Metcalfe, empregados da Real Casa da Moeda de Londres que xa se encargaran dio deseño das moedas neozelandesas de prata anteriormente, foron os únicos artistas de fóra do país que presentaron propostas de deseño. Metcalfe volveu presentar un deseño que xa fora rexeitado para o xilin, consistente nunha toki poutangata —especie de aixola maorí de pedra verde— superposta a un whakapakoko rākau — bastón de Deus—, un bastón cerimonial utilizado polos sacerdotes maorís. Pola súa banda, a proposta de Gray para o penique amosaba a proa dunha waka taua —unha canoa de guerra maorí—.Stocker, M. (2005). Páxina 148.

Entre as candidaturas de artistas locais, o docente Thomas Jenkin participou co deseño tamén dunha waka taua, representada xunto a un fento á beira do mar con varios guerreiros a bordo. Francis Shurrock, escultor e profesor de arte local, presentou varios deseños. Un deles amosaba unha figura tekoteko maorí, en tanto que o outro presentaba un fento e un xogador de rugby triunfante, cun balón na man.Stocker, M. (2011). Páxina 209. Unha versión modificada deste deseño presentaríase en 1966, ante as protestas da poboación, como proposta de peza de 20 centavos de dólar.Stocker, M. (1998). "Shurrock, Francis Aubrey". En Te Ara - Encyclopedia of New Zealand (Teara.govt.nz). James Berry, que xa traballara con Metcalfe no reverso da coroa de Waitangi,Stocker, M. (2010). "The New Zealand 'Waitangi' Crown of 1935". En British Numismatic Journal. 80. páxinas 179-181 propuxo unha serie completa de moedas que incluía unha peza dun penique co buque HMS Endeavour, que foi comandado polo capitán Cook nas súas expedicións a Nova Zelandia a mediados do século XVIII.Stocker, M. (2011). Páxinas 209-210.

O deseño gañador de L. C. Mitchell O deseño doutro artista local, Leonard Cornwell Mitchell, cun paxaro cantor tūī (Prosthemadera novaeseelandiae) pousado sobre unha póla dunha árbore kōwhai (Sophora) en flor, foi o finalmente seleccionado polo comité, continuando así á serie de motivos de aves nativas nas emisións de Nova Zelandia, xunto co kiwi no florín e a huia na moeda de seis peniques. A súa proposta orixinal era notablemente similar a unha representación de dous tūī do ornitólogo John Keulemans, que puido ter servido directa ou indirectamente de base para o deseño de Mitchell. O modelo orixinal a grande escala de Mitchell era moi ilustrativo, e o deseñador anotou no reverso dunha fotografía que xuntou: «Mantiven os detalles o máis baixo posible, pero se é necesario poderíanse facer máis eliminacións». William Perry, xefe da Royal Mint de Londres, criticou o deseño, sinalando que pensaba que non chegaría a trasladarse a unha moeda física. Pola súa parte, o Comité Asesor da ceca real londiniense recomendou que as plumas tivesen máis relevo.Stocker, M. (2011). Páxinas 213-216.

Logo de aprobado o deseño de Mitchell, a Royal Mint —á que o Goberno neozelandés lle encargara a produción do penique— encomendoulle a Percy Metcalfe a creación dun modelo de xeso para a moeda. De xeito diferente ao que ocorreu coa moeda de medio penique, introducíronse cambios significativos na realización da moeda, aumentando a profundidade das plumas e simplificando ao mesmo tempo a follaxe da árbore. O alto comisionado Bill Jordan aprobou o deseño definitivo en xuño de 1939, e a moeda entrou en produción.Stocker, M. (2011). Páxina 216.

Produción e tiraxes

Aínda que nun principio se previra o seu lanzamento con motivo do centenario do Tratado de Waitangi, en febreiro de 1940, os primeiros peniques entraron en circulación en decembro de 1939 debido á escaseza de peniques británicos en Nova Zelandia.

Cun diámetro de 31,75 milímetros e un peso de 9,45 gramos, as moedas fabricáronse inicialmente cunha aliaxe composta por un 95,5 % de cobre, un 1,5 % de cinc e un 3 % de estaño. A composición da aliaxe modificouse en 1960 para incluír unha cantidade significativamente menor de estaño.Hargreaves, R. P. (1972). Páxinas 159-160.

Cuñáronse tamén peniques con acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate— para os coleccionistas numismáticos, xa desde a primeira emisión en 1940. A moeda en versión proof de 1953 foi tamén incluída nun xogo emitido para conmemorar a coroación da raíña Isabel II,Humble, M. (1992). "The Waitangi Proof Set Revisited". En New Zealand Numismatic Journal. 70. Páxinas 13-17. cunha tiraxe de unicamente 7.000 pezas.Cuhaj, G. S. (2014). Páxina 1.633.

En previsión da decimalización do sistema monetario en 1967, houbo algunhas peticións para manter o popular deseño do tūī na nova peza dun centavo. No entanto, isto desestimouse debido ao apoio do Goberno a unha serie de moedas con deseños completamente novos.Stocker, M. (2000). "'Coins of the People': The 1967 New Zealand Decimal Coin Reverses". En British Numismatic Journal. 70. Páxinas 124-125

+Tiraxes anuais MonarcaAno de emisiónMoedas cuñadasXurxo VI(1936-1952)19405.424.00019411.200.00019423.120.00019438.400.00019443.696.00019454.764.00019466.720.00019475.880.0001948019492.016.00019505.784.00019516.880.000195210.800.000Isabel II(1952-2022)"1 Penny - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com19532.400.00019541.080.00019553.720.00019563.600.00019572.400.000195810.800.00019598.400.00019607.200.00019617.200.00019626.000.00019632.400.000196418.000.0001965200.000Total136.885.200

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Cuhaj, G. S. (2014). Standard Catalog of World Coins - 1901-2000 (41ª ed.). Krause Publications. ISBN 978-1440235672 Familton, R. J.; McLintock, A. H. (1966). "Coinage ". En An Encyclopaedia of New Zealand. R. E. Owen, Wellington.

Hargreaves, R. P. (1972). From Beads to Banknotes. The Story of Money in New Zealands. John McIndoe, Dunedin. Matthews, K. (2003). "The Legal History of Money in New Zealand". En Reserve Bank of New Zealand Bulletin. Vol. 66. Nº 1. Páxinas 40-49.

Stocker, M. (2005). "'A Very Satisfactory Series': The 1933 New Zealand Coinage Designs". En British Numismatic Journal. Vol. 75. Páxinas 142-160..

Stocker, M. (2011). "Completing the Change: The New Zealand Coin Reverses of 1940". En British Numismatic Journal. Vol. 81. Páxinas 201-222.

Outros artigos Moedas da libra neozelandesa

Categoría:Moedas de Nova Zelandia Categoría:Moedas divisionarias