A Encyclopedia Titanica é unha páxina web en liña que contén extensa información -e constantemente actualizada- sobre o transatlántico británico RMS Titanic e o seu afundimento en 1912. O sitio web, unha organización sen ánimo de lucro, é unha base de datos de pasaxeiros e biografías da tripulación, planos de cuberta, e outros artigos entregados por historiadores ou entusiastas sobre o Titanic. En 1999, o xornal The New York Times notou que o sitio "pode ser o sitio web máis extenso sobre o Titanic", baseado no seu contido. O Chicago Tribune chamouno "un sitio de Internet marabillosamente detallado."

Historia A Encyclopedia Titanica foi fundada por Philip Hind. O sitio web púxose en liña en setembro de 1996. En marzo de 1999, o sitio web recibira máis de 600.000 visitas. É actualmente o recurso máis renomeado e vasto con información sobre o Titanic.

Contido Encyclopedia Titanica contén unha elevada gama de información sobre o barco, os seus pasaxeiros e unha variedade de temas relacionados. Cada pasaxeiro e membro da tripulación ten unha páxina separada que contén polo menos unha base acerca dos seus datos biográficos, e moitos deles conteñen detalladas biografías, fotografías e artigos contemporáneos. O sitio tamén contén investigacións orixinais a cargo de profesionais e historiadores afeccionados entusiastas do Titanic, de todas as partes do mundo. Encyclopedia Titanica tamén contén un foro de debate activo con máis de 11.700 membros (en novembro de 2012) e 300.000 mensaxes. Entre os temas de discusión no foro de debate atópanse os seguintes:

Investigacións sobre os pasaxeiros Asignación dos camarotes Teorías acerca da colisión e o afundimento Investigacións acerca da tripulación Descubrimento, rescate de restos e exploración do barco A época eduardiana Vida a bordo Vítimas e sobreviventes Barcos que puideron estar nas proximidades do naufraxio Construción e deseño O Titanic na arte, fotografía e música O Titanic en libros O Titanic en películas O Titanic na televisión Outros barcos e naufraxios

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Encyclopedia Titanica .

Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:RMS Titanic