Rubén Alcaraz Jiménez, nado en Barcelona o 1 de maio de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cádiz, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Bon Pastor, o FC Barcelona, o Espanyol e o CF Damm. Rematada a súa etapa como xuvenil, en 2010 pasou ao UA Horta. Posteriormente pasou polo Gramenet, co que debutou na Segunda División B, AE Prat, e L'Hospitalet.

O 17 de xuño de 2015 asinou un contrato de dous anos co Girona, da Segunda División, categoría na que debutou nun partido ante o Bilbao Athletic. Trala tempada 2016/17, na que conseguiu o ascenso á Primeira División, renovou o seu contrato ata 2020 e foi cedido inmediatamente á UD Almería. Foi o máximo goleador do club con nove goles, sendo unha peza fundamental para que o equipo lograse a permanencia en Segunda.

En agosto de 2018 incorporouse ao Real Valladolid, que viña de ascender a Primeira. Xogou o seu primeiro encontro na máxima categoría do fútbol español o 17 de agosto, saíndo como titular nun empate sen goles co Girona.

Axiña se asentou na titularidade do club valisoletano, co que descendeu a Segunda en 2021. En xaneiro de 2022 foi cedido ao Cádiz, co que acabou asinando un contrato en propiedade en xuño do mesmo ano.

Notas

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1991 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do UDA Gramenet Categoría:Xogadores do CE L'Hospitalet Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña