miniatura|Picus sharpei - MHNT O peto verdeal ibérico, popularmente coñecido como peto limón, peto cabaliño, cabalo rinchón e pito ferreiro, (Picus sharpei) é unha especie de ave piciforme da familia Picidae.
Distribución É unha especie endémica da Península Ibérica e os Pireneos (España, Portugal e Francia).
Taxonomía e descrición Antes considerábase unha subespecie do peto verdeal europeo (Picus viridis), mais os estudos xenéticos concluíron que eran especies separadas, a pesar do seu similar aspecto.
Entre os trazos que permiten distinguir a Picus viridis de Picus sharpei pódense destacar que os exemplares adultos da especie ibérica teñen a rabadilla de cor verde amarelada. Ademais, os machos adultos da mesma especie teñen bigotes completamente vermellos, mentres que os europeos os teñen cun groso reborde negro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista das aves ibéricas
Categoría:Animais descritos en 1872 Categoría:Fauna da Península Ibérica