miniatura| Poema figurativo nun manuscrito de 1638 miniatura|Berna, Burgerbibliothek, Cod. 212, f. 109r – O manuscrito Artes et carmina contén os poemas visuais de Optatianus Porphyrius e algúns do comezo do reinado de Carlomagno. Carmen figuratum (en plural: carmina figurata), tamén coñecido como poema figurativo, poema pictórico, poema tipográfico ou caligrama, é un tipo de composición poética na que a disposición visual do texto sobre o papel ou soporte crea unha determinada forma, patrón ou figura que adoita estar relacionada co contido, o tema ou o simbolismo do propio poema. Este xénero literario e artístico engloba obras nas que a tipografía, a distribución das letras e palabras, dos versos e das estrofas, ou mesmo a combinación de cores, serven para representar iconicamente obxectos, ideas, símbolos relixiosos, elementos da natureza, figuras xeométricas ou outros motivos.
Características principais Os carmina figurata presentan:
Forma visual icónica: As letras, palabras, versos e estrofas organízanse segundo un patrón que configura un debuxo ou figura relacionada co tema (obxectos copas, cruces... animais etc.). Integración de forma e significado: A dimensión visual reforza, amplifica ou dialoga co contido do texto. Con esa interacción, o obxectivo non é só ler o poema, senón tamén contemplalo. Composición complexa: En moitos casos, o autor limita o número de letras, versos, ou a súa disposición, atendendo a simbolismos numéricos, místicos ou relixiosos. Poden darse fenómenos como versos que teñen idéntico número de caracteres, disposición en cuadrículas (carmina quadrata), inserción de textos secundarios no interior da figura principal ou uso diferenciado de cores.
Historia
Antigüidade A tradición do carmen figuratum remóntase á Antigüidade clásica, coñecidos como technopaignia (de τέχνη [tekne, arte] e παίγνιον [paignion, xogo]), poemas en que a forma do texto reflicte o seu contido.Ao contrario do que suxire o termo "Technopaignion", a palabra non aparece rexistrada no grego antigo. Aparece por primeira vez como título dun poema en Ausonius.
Entre os exemplos máis antigos recollidos na Anthologia Palatina inclúense obras de:
Simias: poemas en forma de "ás" (Pteryges), "machado" (Pelekys), "ovo" (Oion). (Pseudo)-Teócrito: Syrinx (disposto como unha frauta de pan). Dosiadas: Bomos ("altar"), en linguaxe de enigma. Besantinos: Outro Bomos ("altar") de similares características.
Tamén no antigo Exipto ou en inscricións antigas (por exemplo en Pompeia), empregábanse disposicións textuais artísticas, por veces con contidos máxicos. Autores latinos como Publilius Optatianus Porfyrius desenvolveron o xénero con grande riqueza formal, na Antigüidade tardía destaca Venantius Fortunatus. miniatura|Poema dedicado a Luís o Piadoso de De laudibus sanctae crucis de Rábano Mauros no manuscrito de Viena, Biblioteca Nacional de Austria, Cod. 652 (aprox. 840)
Idade Media Os carmina figurata medievais foron moi populares, ás veces para representar temas relixiosos como a cruz (carmen cruciforme). Os poemas en forma de reixa (versus cancellati), escritos polo xeral en hexámetro dactílico, combinaban a exactitude métrica cun contido simbólico. Nalgúns casos, as letras era marcadas con cores (p. ex., vermello sobre negro) salientando figuras relixiosas para a meditación. Nesta época destaron entre outros Alcuíno de York, Iosephus Scottus e Eugenius Vulgarius. Un cume desta tendencia foi a obra De laudibus sanctae crucis de Hrábanus Maurus, con vinte e oito poemas-cruz.
Na época carolinxia, estes poemas foron tamén un vehículo para difundir o uso e o estudo do latín. No Imperio bizantino chamáronse "versos tecidos" (στίχοι υφαντοί) polos textos entretecidos en forma de rede. Co paso dos séculos, esta tradición continuou. No Renacemento acadou un gran auxe e desenvolveuse no período manierista.
Idade Moderna e Contemporánea miniatura|Reprodución nunha homenaxe en Liubliana da caligrafía de France Prešeren para o Zdravljica. No Barroco, cun papel destacado como exercicio estético e erudito, e posteriormente, e renovouse na idade contemporánea. Nesta época, a poesía concreta ou os caligramas fixéronse moi coñecidos. Autores como Guillaume Apollinaire (por exemplo nos Poèmes à Lou) ou Stéphane Mallarmé (Un coup de dés jamais n’abolira le Hasard) reinventaron esta tradición.
Un exemplo reseñable é a Zdravljica ('brinde') do poeta France Prešeren, no que se basea o himno de Eslovenia, cuxas estrofas teñen a forma dunha copa de viño.
Outros exemplos contemporáneos pódense atopar nos poetas franceses Guillaume Apollinaire e Stéphane Mallarmé, en autores de poesía concreta como Eugen Gomringer, Erich Fried (p. ex. Taktfrage) ou en poemas de Christian Morgenstern como Die Trichter:Zwei Trichter wandeln durch die Nacht.Durch ihres Rumpfs verengten Schachtfließt weißes Mondlichtstill und heiterauf ihrenWaldwegu. s.w.
En diversos contextos culturais e lingüísticos tamén se desenvolveu este tipo de poesía:
En Suecia (en sueco: bildvers), foi moi empregada nos séculos XVII e XVIII, especialmente en poemas de voda ou funerarios. En Finlandia, atópanse exemplos en autores como Aaro Hellaakoski, Väinö Kirstinä e Paavo Haavikko. Na literatura galego-portuguesa, coñécese como poema figurado. Algunhas obras medievais e modernas seguiron este modelo. No século XX, o poeta Manuel Antonio fixo algunhas das súas composicións de De catro a catro en forma de poema visual. En textos modernos experimentais atopamos paralelismos no uso da tipografía, incluíndo estilos como a poesía concreta ou mesmo o uso de caracteres informáticos (estilo ASCII) para debuxar figuras.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Quinn, William A. (1984). "The Float of the Wind" as "Carmen Figuratum". The Hopkins Quarterly. 10 (4): 127-143. ISSN 0094-9086. JSTOR 45240977. Adler, Jeremy e Ernst, Ulrich. ''Text als Figur. Visuelle Poesie von der Antike bis zur Moderne.'' Weinheim: VCH, Acta Humaniora, 3ª edición, 1990. ISBN 3-527-17816-3. Febel, Gisela. "Figurgedicht." En: Ueding, Gert (ed.). ''Historisches Wörterbuch der Rhetorik.'' Darmstadt: Wissenschaftliche Buchgesellschaft (WBG), Vol. 3, 1996, col. 282-289. Plotke, Seraina. "Figurengedichte." En: ''Der Neue Pauly. Enzyklopädie der Antike.'' Vol. 4, 1998, col. 516f. Ernst, Ulrich. "Figurgedicht. A. Einführung; B. Mittelalter; C. Frühe Neuzeit; D. Konkrete Poesie." En: ''Der Neue Pauly'' Vol. 13, 1999, col. 1115–1123.
Outros artigos
Caligrama Caligrafía Arte ASCII Miniatura Ilustración (deseño gráfico)
Ligazóns externas Carmen figuratum de Abelardo Barbara Glökler: Poemas de figuras. Catharina Regina von Greiffenberg: Poema da Cruz. André Thomkins: As transformacións de Lund (Papel do seminario) Dick Higgins: A Short History of Pattern Poetry. En: Higgins: Pattern Poetry. Guía dunha literatura descoñecida. State University of New York Press 1987
Categoría:Poesía Categoría:Caligrafía Categoría:Ilustración