San VidalBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. ou San Vital de Gaza (†. século VI), é un santo venerado na Igrexa Católica e na Igrexa Ortodoxa. Monxe en Gaza, viaxou á cidade de Alexandría cando tiña 60 anos. É coñecido como o patrón das prostitutas.
Haxiografía Nado en Gaza, Vidal trasladouse a Alexandría aos 60 anos. É famoso pola súa infrecuente forma de ministerio: coñeceu e axudou economicamente prostitutas para evitar o pecado e inspiralas a cambiar de vida. Conta a lenda que, despois de conseguir o nome e o enderezo de todas as prostitutas da cidade, atopou un traballo que o ocupaba o día enteiro, e pola noite daba o seu salario a unha destas mulleres para que pasasen a noite sen pecar. Despois diso, pasaba a noite a rezar con ela, para convencela de que cambiase a súa vida. Ao despedirse, pedía que non revelase a natureza da súa visita. Esta práctica levou a rumores erróneos sobre o seu comportamento, pero tras ser asasinado por un proxeneta, moitas mulleres revelaron o seu verdadeiro propósito e foi recoñecido como santo após a súa morte.
Festividade No calendario católico, a súa festa é o 11 de xaneiro; no calendario ortodoxo, 22 de abril.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Santos do 11 de xaneiro: Vidal de Gaza (en inglés) Santos patróns: Vital de Gaza (en inglés)
Categoría:Nados no século VI Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 625