A bandeira dos quechuas (en ), é un emblema e símbolo utilizado polo pobo quechua do Perú, Ecuador, Bolivia, a Arxentina e Chile.

Termo unancha É unha palabra que provén do quechua e que quere dicir símbolo, sinal, insignia, estandarte ou simplemente bandeira.

Historia Estandarte do Imperio Inca miniatura|180x180px|Estandarte imperial incaico miniatura|195x195px|O estandarte foi divisado no período do goberno do Inca Huayna Cápac.

As crónicas e referencias dos séculos XVI e XVII apoian a idea dun estandarte imperial. Porén, representaba ao gobernante Inca e non ao Imperio Inca. Francisco de Jerez escribiu en 1534 na súa crónica Verdadera relación de la conquista del Peru y provincia de Cusco, llamada la Nueva Castilla:

O cronista Bernabé Cobo escribiu:

O libro de 1615 de Felipe Guamán Poma de Ayala, Primer nueva corónica y buen gobierno, amosa numerosos debuxos lineais de bandeiras incas.Guaman Poma, El primer nueva corónica y buen gobierno, (1615/1616), pp. 256, 286, 344, 346, 400, 434, 1077, esta paxinación corresponde á do libro de Det Kongelige Bibliotek. Ademais, Poma amosa bandeiras europeas ben pintadas e escudos de armas nas páxinas 373, 515, 558, 1077, 0. Nas páxinas 83, 167-171, Poma emprega unha convención gráfica heráldica europea, un escudo, para colocar certos tótems relacionados cos líderes incas. No seu libro de 1847, Historia de la conquista del Perú, William H. Prescott di que "no exército inca cada compañía tiña o seu estandarte particular e que o estandarte imperial, sobre todo, amosaba a relocente figura do arco da vella, a insignia heráldica dos incas". Na edición de 1917 de Flags of the World dise que entre os incas "o herdeiro aparente... tiña dereito a exhibir o estandarte real do arco da vella nas súas campañas militares".

Bandeira carmesí de Túpac Amaru I e II miniatura|Bandeira carmesí de Túpac Amaru I e II Túpac Amaru I, o cuarto e derradeiro inca de Vilcabamba, empregaba unha unancha na porta da súa vivenda.

Durante a revolución de 1780 de Túpac Amaru II, tamén se utilizou a bandeira carmesí, que incluía no seu interior dúas cobras das cales saía das súas bocas un arco da vella, heráldica semellante aos estandartes incas prehispánicos.

Bandeira de Raúl Montesinos Espejo miniatura|Bandeira de cor arco da vella, deseñada por Raúl Montesinos Espejo en 1970. No presente, a unancha é coñecida por estar conformada por sete franxas horizontais de cores baseadas no arco da vella; vermello, laranxa, amarelo, verde, celeste, azul e violeta.

En 1948, Raúl Montesinos Espejo, fundou unha radiodifusora de Cuzco co nome de Radio Rural, a cal se dedicaba á transmisión de música folclórica e alcanzou gran difusión e audiencia; posteriormente en 1970 foi renomeada como Radio Tawantinsuyo.

En 1973, co gallo do vixésimo quinto aniversario da estación, Montesinos propuxo o deseño da bandeira do arco da vella presentándoa como propia dos incas. A xerencia da cervexeira Cervesur auspiciou con 500 soles a confección da bandeira, a cal foi trasladada nunha procesión dende a radio da avenida El Sol, até a Praza de Armas de Cuzco, onde finalmente foi izada.Bedoya 2004 Montesinos nunca achegou estudos para probar a idoneidade deste deseño de bandeira e foi aceptado de facto sen máis probas.

Cinco anos despois, o 9 de xuño de 1978, a municipalidade provincial de Cuzco adoptou a bandeira como oficial a proposta do profesor Mario Cutimbo Hinojosa, daquela rexedor e inspector de Cultura do concello, mediante Resolución Municipal N.º 17 desa mesma data.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wiphala Bandeira de Cuzco Bandeira do arco da vella

Categoría:Pobo quechua Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 1973 Categoría:Incas