Jerin Marcolino Ramos Santos, coñecido como Jerin Ramos ou simplemente Jerin, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Pontevedra CF, da Primeira Federación.
Traxectoria Naceu en Madrid de pais caboverdianos e formouse como futbolista nas canteiras do Elche, o Lorqui e o Málaga. Tras pasar polo Deportivo Rayo Cantabria, da Terceira División, no verán de 2017 recalou no Racing de Santander B, equipo da mesma categoría. Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Racing de Santander na Segunda División B.
En 2020 fichou polo Ourense CF, co que conseguiu dous ascensos nos seguintes anos, pasando da Terceira División á Primeira Federación.
Palmarés Racing de Santander Segunda División B (1): 2018/19.
Ourense CF Segunda Federación (1): 2023/24.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Ourense CF