Sixeberto de Gembloux,Este nome medieval tamén foi transcrito ou traducido como Sigiberto, Sigibert, Sigeberth, Sigoberto e Sixeberto. en latín Sigebertus ou Sigibertus Gemblacensis, nado c. 1030 e finado o 5 de outubro de 1112, foi un monxe e cronista medieval da abadía de Gembloux en Bélxica, que viviu a finais do século XI e principios do XII. Escribiu unha historia que abarca dende o ano 378 até o 1111. Tamén participou en polémicas teolóxicas do seu tempo.
Traxectoria
É coñecido pola súa obra Chronographia, de título completo Chronicon sive Chronographia, unha crónica pormenorizada en lingua latina que cobre a historia do mundo desde a creación (e máis en particular desde o século IV) até o ano 1111. A súa crónica é un recurso valioso para o estudo da Idade Media, aínda que contén visións subxectivas típicas dos textos desa época.
Nos seus escritos menciona o Reino de Galicia (Regnum Gallitiensium) afirmando que "o reino que é a terceira parte da Hispania".
Notas
Véxase tamén
Historiografía do Reino medieval de Galicia
Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Monxes católicos Categoría:Monxes cristiáns Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Escritores de Francia