Vera Martínez Viota, nada en Santander o 13 de setembro de 1999, é unha futbolista española que xoga como defensa no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Comezou a súa carreira no Reocín Racing da localidade cántabra de Reocín. Entre 2015 e 2017 xogou no Ave Fénix Racing de Torrelavega, ata que o club foi absorbido polo Racing de Santander, formando o CDE Racing Féminas, no que militou durante un ano. A continuación vestiu durante catro campañas a camiseta do Deportivo Alavés, co que conseguiu un ascenso á Primeira División.

Despois de dous anos xogando con Osasuna na Segunda División, no verán de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender a Primeira.

Vida persoal Sendo xogadora do Deportivo da Coruña, comezou unha relación co tamén futbolista Cristian Herrera, dianteiro do Deportivo masculino, co que casou en agosto de 2026.

Notas

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Santander Categoría:Futbolistas de Cantabria Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino