Xenócrates de Calcedonia (en latín Xenocrates, en grego antigo Ξενοκρὰτης) foi un filósofo grego de Calcedonia, en Bitinia. Traxectoria Naceu, segundo Dióxenes Laercio, no -396 e morreu no -314, aos 82 anos. Primeiro foi seguidor de Esquines o Socrático, e despois de Platón, a quen se di que acompañou a Siracusa. Á morte de Platón, foi con Aristóteles e os dous aconsellaron a Hermias de Atarneo, o tirano de Atarneo e Aso que os convidara á súa terra.
Ao seu regreso a Atenas, foi embaixador varias veces ante Filipo II de Macedonia e máis tarde, durante a Guerra de Lamia, ante Antípatro (rexente de Macedonia).
Segundo Plutarco, os atenienses do seu tempo apreciábano moito, pola súa graza, perseveranza, honestidade e benevolencia, e unha rectitude moral que o fixo admirar mesmo polos atenienses máis vellos. Fíxose escolarca da Academia Platónica en tempos de Demetrio de Falero antes da morte de Espeusipo, que enfermara, e ocupou o cargo durante 25 anos.
Escribiu varias obras, entre elas un libro de dialéctica (), tratados de ciencia (), sobre divisións (), sobre especies (), sobre ideas ( ), sobre o oposto (), dous traballos sobre medicina (), varias obras de relixión, sobre deuses (), sobre o que non existe (), sobre o deus supremo (), sobre o infinito (), sobre a alma (), sobre as afeccións (), sobre a memoria (), sobre a felicidade (), e a virtude (). Algúns dos seus epigramas foron recollidos na Antoloxía grega.
Dirixiu algúns libros sobre a realeza a Alexandre Magno () e tamén escribiu sobre o Estado (), e o poder da lei (). Tamén deixou traballos sobre xeometría, aritmética e astroloxía.
Un sobriño seu co mesmo nome foi tamén filósofo autor dun discurso sobre a morte de Arsinoe, titulado .. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Xenòcrates de Calcedònia» (en anglès). MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews, Scotland.
Categoría:Nados en -396 Categoría:Finados en -314 Categoría:Filósofos da Grecia antiga Categoría:Personalidades das matemáticas Categoría:Período helenístico Categoría:Personalidades de Calcedonia na Antigüidade