Sôber é unha banda madrileña de rock alternativo formada no ano 1994. O grupo editous 8 discos de estudio, sendo o máis exitoso Paradysso, que vendeu máis de 100.000 copias gañando un Disco de Platino.
Historia Comezos O grupo comezou formado polos irmáns Escobedo, Carlos e Jorge, voz e baixo o primeiro e guitarras o segundo, con Antonio Bernardini tamén ás guitarras e Elías Romeu á batería. Inicialmente o grupo chamouse Sober Stoned. Comezaron cantando en inglés e en 1994 gravaron a súa primeira maqueta titulada Mirror's Way, que incluía 5 temas.
A comezos de 1997 lanzaron o seu primeiro disco oficial Torcidos, sendo este un álbum auto producido. Tras este disco unha nova canción, "La Prisión del Placer", publicouse nun recompilatorio da revista Heavy Rock.
Consolidación Trala aparición na revista o grupo gravou tres temas novos, esta vez xa co nome de Sôber, nos estudios Rocksoul. A produción correu a cargo do propio grupo e de Alberto Seara. O selo Zero Records foi finalmente o que contratou ao grupo. A finais de setembro de 1998 editaron un CD-EP titulado Condenado e en 1999 comezaron unha xira polo país. Ese mesmo ano gravaron xunto con Oscar Caravel o seu segundo álbum, titulado Morfología que incluía temas como Abstinencia, Loco, Predicador ou La Prisión del Placer.
280px|miniatura|Sôber en 2013. Alberto Madrid substituíu a Luis Miguel Planelló na batería no ano 2000, e o grupo lanzou o maxi-sinxelo Oxígeno como anticipo do novo disco que saíu á rúa en 2001, chamado Synthesis, tamén producido por Oscar Caravel e gravado nos estudios Kirios e Eurosonic. Algunhas cancións do álbum foron Versus, Se me marcho ou Esfera, entre outras. Synthesis está considerado coma un dos mellores discos de rock alternativo gravados en España.
O grupo comezou a compartir carteis con outros grupos máis coñecidos coma Deftones, Dover, Hamlet ou Him entre outros, sendo considerado grupo revelación trala súa actuación no Festimad. Tras unha xira realizaron o seu cuarto traballo de estudio, Paradysso, sendo o tema principal do disco Diez Años. Foi gravado para a discográfica Universal Muxxic nos estudios Cube por Alberto Seara e foi producido na súa totalidade por Sôber. Paradysso converteuse en número un das listas de música españolas e chegando a ser Disco de Platino. Ao disco acompañouno unha xira con máis de 100 concertos en 2 anos.
Logo de sacar á venda o disco Backstage 02/03, no que incluían cancións do concerto da Riviera en Madrid, o grupo gravou o seu quinto disco de estudio, Reddo, que significa reflexo en latín. Foi gravado e producido por eles mesmos nos seus estudios Cube de Madrid para Universal Muxxic, aínda que posteriormente foi mesturado nos Ánxeles con Scott Humphrey, que traballou con artistas e grupos coma Bon Jovi ou Metallica entre moitos outros. As letras e a maioría dos temas deste álbum foron compostos polo seu cantante e baixista, Carlos Escobedo.
Separación e reunión 210px|miniatura|dereita|Antonio Bernardini en 2013 Despois de máis de 10 anos xuntos os membros do grupo decidiron separarse e tomar camiños separados pero paralelos, con dous novos grupos Savia (proxecto de Carlos coa colaboración de Antonio Madrid) e Skizoo (formado polos dous guitarristas de Sôber, Antonio e Jorge), pero como resumo da súa carreira publicaron recompilatorio titulado Grandes Exitos 1994-2004 coas súas cancións máis destacadas elixidas polos propios membros do grupo.
O 30 de novembro de 2006 Alberto Madrid faleceu nun accidente automovilístico na estrada M-40 de Madrid, e tras 6 anos de proxectos paralelos, o 1 de xaneiro do ano 2010 a banda anunciou a súa reunión con Manu Reyes na batería e editaron o álbum De aquí a la eternidad.
Membros Carlos Escobedo - Voz / Baixo Jorge Escobedo - Guitarra Antonio Bernardini - Guitarra Manu Reyes - Batería
Antigos membros Elías Romero -Batería (1994-1998) Luis Miguel Planelló - Batería (1998-1999) Alberto Madrid † - Batería (1999-2005)
Discografía 280px|miniatura|Manu Reyes no Asaco Metal Fest 2013 Torcidos (1997, coma Sôber Stoned) Morfología (1999) Synthesis (2001) Paradÿsso (2002) Backstage 02/03 (2003) Reddo (2004) Grandes Éxitos 1994-2004 (2005) De aquí a la eternidad (2010) Superbia (2011) Letargo (2014)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Savia Skizoo
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de rock