Juan Martínez Vila, coñecido como Gallego, nado en Redondela en 1907, foi un político comunista e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Veciño de Vilar de Infesta. Emigrou a Arxentina a finais de 1923 e retornou cinco anos despois para facer o servizo militar en Ferrol. En agosto de 1931 foi elixido presidente da acabada de constituír sociedade agraria La Ideal de Vilar de Infesta.El Pueblo Gallego, 19-7-1931, p. 7. En 1933 a Federación Agraria de Redondela proclamouno candidato á alcaldía para as eleccións municipais parciais de abril de 1933,Partidos Políticos da 1ª metade do s. XX foi elixido concelleiro, sendo o candidato máis votado presidiu a sesión de constitución do concello o 10 de maio e foi nomeado segundo tenente alcalde nunha corporación corporación presidida por Serafín Dacosta Pazo.El Pueblo Gallego, 13-5-1933, p. 8. Designado pola Federación Agraria de Redondela, foi proclamado candidato comunistas ás eleccións xerais de 1933.El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 10. Foi destituído polo gobernador civil en outubro de 1934 e reposto no cargo logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e despois agochouse na súa propia casa. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 22 de outubro.El Pueblo Gallego, 23-10-1936, p. 3. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xullo de 1937 con Benigno Puche Castro.BOE, 7-6-1937, p. 1787. En 1939 acolleuse ao bando do gobernador civil Manuel Gómez Cantos para que se presentaran ás autoridades os fuxidos sen delitos de sangue. Foi detido pola Garda Civil de Redondela e trasladado á prisión de Vigo, onde foi xulgado e condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena nas prisións de Pontevedra, Santiago de Compostela e novamente a Prisión do Partido de Vigo, da que saíu en liberdade condicional en xuño de 1943.BOE, 24-7-1943, p. 7160-7162.

Desterrado a Sevilla, traballou como enfermeiro no asilo provincial dende xuño de 1943. Membro da célula comunista de Sevilla, en 1946 foi o encargado de imprimir na multicopista do seu domicilio exemplares de Mundo Obrero, que despois recollían os camaradas no asilo. No outono de 1946 a policía desmantelou o PCE de Sevilla e detivo a Juan Martínez, Filiberto Cardador García "Félix", José Expósito Expósito, Manuel López Reyes "Fernando", Casimiro Pousa Álvarez, Juan Posito Ramos, Carmen Navarro del Saz, Florencio Chacarte Echevarría e as irmás Francisca e Pilar Luque Luque. Foron xulgados en consello de guerra en Sevilla o 20 de xuño de 1947. Juan Martínez foi condenado a 12 anos de prisión xunto con Carmen Navarro e Pilar Luque, mentres que os demais acusados recibiron penas que oscilaban entre os 20 anos e os 6 meses de prisión. Cumpriu condena na Prisión de Burgos e na Colonia Penitenciaria del Dueso, da que saíu en liberdade condicional en abril de 1955.BOE, 27-6-1955, p. 3655-3856. Volveu a Vigo e traballou un tempo como conserxe no Hotel Estación. Emigrou a Arxentina en agosto de 1957. Visitou varias veces Redondela, a última en 1992."Juan Martínez Vila sufrió 17 años de cárcel por díscolo y rebelde", La Voz de Galicia, Vigo, 19-8-1992, p. 29.

Vida persoal

Casou con Dora Arhancet. Notas

Véxase tamén Bibliografía 1946. La caida de Felix Cardador y la emisora del partido comunista en Sevilla Ligazóns externas Expediente de poxa de bens mobles e enxoval incautados a Juan Martínez Vila por sucesos revolucionarios (1937-1938)

Categoría:Concelleiros de Redondela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido