Federico Sánchez López, coñecido como Mouriño, nado en Vigo cara a 1904 e finado na Arnela (Teis) o 25 de novembro de 1936, foi un xornaleiro e político galego.
Traxectoria Veciño de Laredo (Redondela). Acusado de agresións a Ricardo Diz o 7 de decembro de 1925, foi procesado por lesións en novembro de 1927.Galicia Nueva, 24-11-1927, p. 3. Volveu ser detido en maio de 1935 acusado de lesións a Ramón Reboreda.El Pueblo Gallego, 9-5-1935, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 29 de outubro xunto con José Gómez López, Benigno Puche Castro, Manuel Franco, Alejandro Marocas, Manuel Castro e Eugenio Rodríguez Cabaleiro.El Pueblo Gallego, 30-10-1936, p. 3. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Foi asasinado na Arnela o 25 de novembro. Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia fronto parietal, torácica e abdominal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936