O tesouro de Bares é un conxunto de 608 moedas romanas aparecido en 1948 en Bares, Mañón, composto por un denario do século I d.C. e o resto antoninianos do século III d.C.
Descuberta O tesouro foi descuberto en decembro de 1948 na parroquia de Bares, no concello coruñés de Mañón, no transcurso dunhas obras de construción adxacentes ao porto de Bares."C.1.- Bares (Mañón, A Coruña)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxinas 773-774.
Posteriormente, hai constancia documental da adquisición das moedas en decembro de 1948 a Jesús Rodríguez Villar por un importe de 200 pesetas, así como do seu depósito no Museo Provincial de Lugo o 19 de maio de 1949, onde o tesouro foi rexistrado co número 1.562."Tesouro de Bares (Mañón, A Coruña". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 54.
O primeiro autor en facer unha aproximación ao estudo deste tesouro foi Manuel Vázquez Seijas, en 1953.Vázquez Seijas, M. (1953). Posteriormente, fixeron tamén senllas referencias Milagros Cavada Nieto, en 1973,Cavada Nieto, M. (1973). Páxina 755. e Isidro López Mira, en 1997,"(32) Bares-2 (La Coruña)". En Martínez Mira, I. (1997). Páxina 132. aínda que sen afondar no seu estudo.
Contido O tesouro componse dun denario cuñado a nome do emperador Octavio Augusto (27 a.C. - 14 d.C.) e 607 exemplares de antoninianos do Baixo Imperio, todos eles do século III d.C. e cun estado de conservación en xeral pobre, co núcleo de bronce ocasionalmente recuberto con restos dos forros de prata que caracterizaban estas emisións. Esta deterioración fai que en 291 dos antoninianos do conxunto resulte imposible a súa clasificación.
Case todos os antoninianos do achado proceden da ceca de Roma, excepto algúns das cecas de Mediolanum, de Lugdunum e de Antioquía. A atribución dos que puideron ser identificados é a seguinte:
+EmperadorPeríodoExemplaresSeptimio Severo193-211 d.C.1Gordiano III238-244 d.C.2Filipo I244-249 d.C.4Otacilia Severa2Filipo II238-249 d.C.1Filipo I/II2Traxano Decio249-251 d.C.6Etruscila6Treboniano Galo251-253 d.C.12Volusiano9Valeriano I253-260 d.C.94Mariniana3Valeriano II256-258 d.C.10Galieno253-268 d.C.80Salonina59Salonino260 a.C.3Claudio II268-270 d.C.2
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444 Cavada Nieto, M. (1973). "Circulación monetaria romana en la provincia de La Coruña". En XII Congreso Nacional de Arqueología, Jaén, octubre de 1971. Universidad de Zaragoza. Páxinas 753-762. Martínez Mira, I. (1997). "Tesorillos del S. III d.C. en la Península Ibérica". En Lvcentvm, XIV-XVI. Páxinas 119-180. Vázquez Seijas, M. (1953). “Hallazgo de Denarios romanos en Bares". En Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo. Tomo V. Páxinas 304 e ss.
Outros artigos
Museo Provincial de Lugo
Categoría:Tesouros monetarios Bares Categoría:Tesouros romanos Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Mañón Categoría:Gallaecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes