Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2025.
Atentados por mes
Xaneiro 1 de xaneiro : Atentado de Nova Orleáns en xaneiro de 2025. Un atropelo masivo e posterior tiroteo na rúa Bourbon, no barrio francés da cidade de Nova Orleáns durante a celebración do Día de Aninovo, deixou 14 vítimas mortais e 35 feridas. O autor do atentado foi abatido pola policía. O FBI está investigando o suceso como un acto de terrorismo. O autor do atentado é un home de 42 anos, veterano do exército, de nacionalidade estadounidense que vivía no estado de Texas e responde ao nome de Shamsud-Din Jabbar. A motivación do atacante aínda é descoñecida, porén sábese que quería cometer unha matanza e causar o maior número de vítimas e que se inspirou en ataques semellantes cometidos polo Estado Islámico, xa que encontrouse na camioneta coa que realizou o atropelo masivo unha bandeira deste grupo terrorista. Cabe destacar, que o FBI creu nun primeiro momento que o terrorista non actuará solo e que podería haber máis persoas implicadas, pero máis tarde descartouse esa posibilidade.
: Atentado en Las Vegas en xaneiro de 2025. Un coche Tesla Cybertruck estopou, cargado de cilindros de combustible para cámpings, cilindros de gas e morteiros de pirotecnia, na cidade de Las Vegas diante da entrada do Trump Hotel deixando 1 vítima mortal e 7 feridas. O FBI está investigando o suceso como un posible acto de terrorismo. A identidade do suicida é un veterano do exército estadounidense duns 37 anos, que responde ao nome de Mark Livelsberger. Sóubose que o vehículo fora alugado en Colorado a través dunha aplicación de alugueiro de vehículos chamada Turo.
ocupada: Un tiroteo contra un autobús e dous vehículos preto do asentamento ilegal israelí Kedumim, deixou 3 israelís mortos e 8 feridos. As autoridades israelís acusan a dous palestinos de perpetrar o ataque.
6 de xaneiro : Unha bomba detonada contra un vehículo da policía no distrito de Bijapur, no estado de Chhattisgarh, deixou un total de 9 mortos. Segundo as autoridades indias os autores do atentado son rebeldes maoístas.
8 de xaneiro : Un ataque contra o exército de Benín na zona de Point Triple na rexión de Alibori, deixou entre 28 e 30 soldados mortos e un número descoñecido de feridos. O grupo que reivindicou o atentado é o JNIM (Grupo de Apoio ao Islam e Musulmáns), vinculado a Al-Qaida.
18 de xaneiro : Un tiroteo fronte ao edificio do Tribunal Supremo de Irán en Teherán, deixou en total 2 xuíces mortos e 1 persoa ferida. O autor do atentado suicidouse despois do tiroteo.
24 de xaneiro : Un asalto por parte de membros do ISWAP (Estado Islámico da África Occidental) a unha base do exército de Nixeria na localidade de Malam-Fatori, no estado de Borno deixou polo menos 20 mortos e varios feridos.
Febreiro 1 de febreiro : Un ataque durante a noite por parte de insurxentes que operan na zona contra o distrito de Kalat, na rexión do Baluchistán, deixou en total 30 mortos (18 militares e 12 terroristas). O Exército de Liberación de Baluchistán reivindicou o atentado.
3 de febreiro : Un coche bomba estoupou na localidade de Manbij, deixou polo menos 20 vítimas mortais e outras 15 feridas, a gran maioría mulleres e nenas. Ningún grupo reivindicou o atentado.
7 de febreiro : Un presunto ataque terrorista contra unidades do exército maliano e milicianos rusos de Wagner durante unha ruta entre as cidades de Gao e Ansongo, deixou polo menos 32 mortos e un número descoñecido de feridos. As autoridades de Malí responsabilizan do atentado a filial do Estado Islámico que opera no país, aínda que esta última non reivindicou o ataque.
11 de febreiro : Un ataque suicida contra un banco na localidade de Kuduz, na rexión de Kuduz, deixou polo menos 5 mortos e 7 resultaron feridas. O Estado Islámico do Khorasan reivindicou o atentado. : Un ataque por parte de Estado Islámico contra unha base militar na rexión de Bari en Puntlandia, deixou polo menos 97 mortos (27 militares das forzas de seguridade de Puntlandia e 70 terroristas) e máis de 60 feridos.
13 de febreiro : Unha explosión nun complexo dun ministerio do goberno de afgá en Cabul, deixou 1 morto e 3 feridos. Ningún grupo reivindicou o atentado.
: Atropelo masivo en Múnic en febreiro de 2025. Un atropelo masivo contra unha manifestación do sindicato Verdi na cidade de Múnic, deixou 2 mortos e 37 feridos, algúns en estado crítico. O autor do ataque, xa detido pola policía, é un home afgá de 24 anos, que responde ao nome de Farhad N., que conduciu de maneira intencional contra a manifestación. As autoridades alemás indican que se está investigando o suceso como un ataque e segundo os fiscais alemás indican que o criminal actuou cun motivo xihadista, aínda que non está confirmado a pertenza a unha organización terrorista islamista.
14 de febreiro : A explosión dun dispositivo explosivo improvisado colocado nun sidecar dunha motocicleta no distrito de Waeng, na rexión de Narathiwat, deixou 7 feridos. O atentado non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
15 de febreiro : Ataque con coitelo en Villach en febreiro de 2025. Un ataque con coitelo na localidade de Villach, deixou 1 morto e 5 feridos. O autor do ataque é un home sirio de 23 anos, xa detido pola policía, foi atropelado por un cidadán sirio para evitar que houbese máis vítimas. As autoridades policiais austríacas indicaron que se está investigando o ataque como un ataque terrorista de carácter islamista, xa que o terrorista tiña vínculos co Estado Islámico, encontrouse unha bandeira do ISIS no seu apartamento, e que se radicalizará nun período de tempo moi curto. Tamén se está investigando se tiña cómplices pero polo momento podería tratarse dun lobo solitario.
16 de febreiro : Un ataque contra un posto de control de Levies, en Kalat deixou 1 militar das Forzas Armadas de Paquistán morto e outros 2 feridos. As autoridades creen que os perpetradores do ataque é o TTP (Tehreek-i-Taliban Pakistan), aínda que este último non reivindicou o atentado.
21 de febreiro : Ataque con coitelo en Berlin en febreiro de 2025. Un ataque con coitelo no monumento Memorial do Holocausto en Berlín, deixou 1 persoa de 30 anos ferida de nacionalidade española. O atacante é un refuxiado sirio de 19 anos que xa foi detido pola policía alemá. As autoridades indicaron que as intencións do atacante era matar xudeus e entre os obxectos persoais que se encontraron había un Corán e unha alfombra de oración, ademais da arma do crime. A motivación do ataque viría polo conflito que se está a vivir en Oriente Medio.
22 de febreiro : Ataque con coitelo en Mulhouse en febreiro de 2025. Un ataque con coitelo contra unha manifestación localidade francesa de Mulhouse, deixando 1 morto e 5 feridos. O autor do ataque é un home alxeriano de 37 anos que estaba nunha lista de vixilancia de terrorismo e tamén estaba nunha lista de deportación. O presidente francés Emmanuel Macron cualificou o ataque como un acto de terrorismo islamista. O fiscal abriu unha investigación por terrorismo.
25 de febreiro : Unha serie de ataques entre o martes 25 e o mércores 26 de febreiro nas localidades de Matolo e Samboko, na provincia de Kivu, deixou polo menos 23 persoas mortas e unhas 20 secuestradas. O grupo que perpretrou os ataques é o ADF, vinculado ao Estado Islámico.
27 de febreiro : Un artefacto explosivo improvisado estopou na localidade de Kantoro, deixou 1 militar morto e outros 2 feridos. Debido a isto, o exército beninés comezou unha operación antiterrorista no norte do país, onde se saldou con 9 terroristas neutralizados. O atentado non foi reivindicado, pero o principal sospeitoso é o grupo xihadista JNIM.
Marzo 1 de marzo : Un ataque con coitelo en Belfast, deixou 1 persoa de 51 anos ferida. O autor do ataque é un home de 18 anos, orixinario do norte de África, e que debeu de actuar por motivación islamista. : Unha serie de ataques perpetrados polo grupo xihadista Al-Shabbaab, toma da cidade de Biyo Adde, a destrución dunha base do exército somalí e unha emboscada a un convoi que circulaba pola estrada que une as cidades de Mogadixo e Balcad, deixou un número descoñecido de vítimas.
3 de marzo : Un ataque con coitelo nunha estación de autobús en Haifa, deixou 1 morto e 4 feridos. O autor do ataque, neutralizado pola policía, é un cidadán druso-israelí que volveu a Israel logo de estar no estranxeiro.
4 de marzo : Un dobre ataque suicida e un tiroteo contra un complexo militar no distrito de Bannu, na provincia de Khyber Pakhtunkhwa, deixou polo menos 18 vítimas mortais, ademais de 16 terroristas mortos e 32 feridas. O grupo terrorista que reivindicou o atentado é Jaish Al-Fursan.
5 de marzo : Un ataque con bomba estopou, colocada entre un cruzamento da estrada e o ferrocarril, no distrito de Muang, na provincia de Yala, deixou 6 persoas feridas. O atentado non foi reivindicado, pero sospeitanse dos grupos islamistas Platong e BRN.
27 de marzo : Ataque con coitelo en Amsterdam en marzo de 2025. Un ataque con coitelo na praza Dam en Amsterdam, deixou polo menos 5 persoas feridas. O autor do ataque, xa detido pola policía, é un home de 30 anos de nacionalidade ucraíno, concretamente de Donetsk. Nun principio descoñecíase o motivo do ataque, co avance da investigación por parte das autoridades neerlandesas encontraron que o individuo radicalizouse e tiña motivacións terroristas.
Abril 13 de abril : Un ataque con cócteles molotovs contra a residencia do gobernador Josh Shapiro deixou soamente danos materiais. O autor do ataque é un home de 38 anos, identificado como Cody A. Balmer, foi acusado de cargos de terrorismo, roubo, incendio provocado con agravantes, etc. 22 de abril : Un atentado contra turistas na localidade de Pahalgam, na rexión de Cachemira, deixou polo menos 27 persoas mortas e outras 17 feridas. O ataque foi reivindicado polo grupo Resistencia de Cachemira. As autoridades indias cualificaron o atentado como o máis mortífero dos últimos anos.
Maio 17 de maio : Un ataque con coche bomba contra unha clínica de fertilidade da localidade de Palm Springs, en California, deixou 4 persoas feridas. O autor do atentado, é un home que se identificou como Guy Edward Bartkus que faleceu durante a explosión do vehículo. O FBI tratou este caso como un acto de terrorismo.
18 de maio : Apuñalamento masivo de Bielefeld en maio de 2025. Un ataque con coitelo na cidade de Bielefeld, deixou 5 persoas feridas. O autor do ataque, detido pola policía, é un home de 35 anos de orixe siria, Mahmoud M., que segundo a fiscalía actuou por motivos islamistas, xa que lles confesou que era simpatizante da organización xihadista Estado Islámico.
Xuño 2 de xuño : Un ataque contra unha protesta a favor da liberación dos reféns israelís na Franxa de Gaza, en Boulder, Colorado deixou polo menos 8 persoas feridas. O autor do ataque, xa detido, é un home de 45 anos, identificado como Mohamed Sabry Soliman. O motivo do ataque está relacionado coa guerra entre Gaza e o estado de Israel. Segundo testemuñas, o atacante presuntamente gritou "Palestina libre". O FBI cualificou o ataque como un acto terrorista.
22 de xuño : Un tiroteo e unha posterior ataque suicida contra unha igrexa ortodoxa do barrio de Dweila, en Damasco, deixou polo menos 25 persoas mortas e outras 63 feridas. O perpretrador do atentado é o grupo terrorista Estado Islámico.
Xullo 27 de xullo : Un ataque con coitelo nun Walmart da localidade de Traverse City, deixou 11 persoas feridas. O autor é un home de 42 anos, identificado como Bradfort James Gilley, detido pola policía. Esta última acusao de cargos de terrorismo.
Agosto 27 de agosto