Gonggi, romanizado do coreano 공기, coñecido tamén polos nomes «sete pedras» e «pelouros coreanos», é un xogo infantil de orixe coreana. Tradicionalmente, xógase empregando polo menos cinco pedras pequenas do tamaño dunha uva. Hoxe en día, os nenos e nenas adoitan comprar pezas coloridas de plástico no canto de ir á procura de pedriñas. Estas últimas, nomeanse «공깃돌; gonggitdol», que significa literalmente «pedras gonggi». Pode xogarse en grupo ou individualmente e, xa que só se precisan unhas poucas pedras e unha superficie chá, pode xogarse tamén en case calquera lugar.

Notas

Categoría:Xogos