Moeda de 5 cents daocupación alemá dos Países Baixos "5 Cents - German Occupation". Numista.com130x130px130x130px A/: Dúas cabezas de cabalos saxóns cruzadas, baixo o Sol. Fita debaixo. Lenda: NEDERLAND. R/: Valor facial dentro dun aro. Espiga de millo á dereita e nove ondas á esquerda. Data partida. Marca de ceca baixo o millo. Lendas: 10 CENTS Datas: 1941-1943. Período: Ocupación alemá dos Países Baixos (1940-1945) Ceca: Real Casa da Moeda dos Países Baixos. Deseñador: Nico de Haas. Metal: cinc. Lado: 18 mm. Peso: 3,6 g. Espesor: 2,00 mm. Canto: liso.

A moeda de 5 cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941, 1942 e 1943, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da vinteava parte do florín neerlandés.

.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 2½ cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas."Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

A súa tiraxe total foi de 51 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:

1941: 32.200.000 pezas. 1942: 11.800.000 pezas. 1943: 7.000.000 pezas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Eggenkamp-Vlaanderen, H. G. M. (2016). The Netherlands: Catalogue of permanent circulation coin and paper money types. Onderzoek en Beleving. Páxinas 21-22. ISBN 9789081605977 Krause, C. L.; Mishler, C. (1972). World Coins. 1ª ed. Crause Publications. Páxina 504.

Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas fóra de curso