José Álvarez Junco, nado en Vielha, Lleida, o 8 de novembro de 1942 é un historiador e escritor español que é profesor emérito de Historia do Pensamento e dos Movementos Políticos e Sociais na Universidade Complutense de Madrid.

Traxectoria Sendo un rapaz, a súa familia mudouse a Villalpando, Zamora, onde pasou boa parte da mocidade. Estudou Dereito e Ciencias Políticas en Madrid onde traballou co historiador José Antonio Maravall, que dirixiu a súa tese de doutoramento sobre o pensamento político do anarquismo español, lida en 1973. Publicou La ideología política del anarquismo español, 1868-1910 en 1976.

Destacan das súas obras: Los movimientos obreros en el Madrid del siglo XIX (1981); Periodismo y política en el Madrid de fin de siglo: el primer lerrouxismo (1983); Lecciones de derecho político (1984), en colaboración; El "Emperador del Paralelo". Alejandro Lerroux y la demagogia populista (1990).

Publicou Mater Dolorosa. La idea de España en el siglo XIX (2001), galardoada co Premio Nacional de Ensaio en 2002, concedido polo Ministerio de Cultura, e o Premio Fastenrath da Real Academia Española en 2003. Neste libro fai unha aproximación desde a análise historiográfica, afastada do esencialismo que dominaba o vello debate sobre o Ser de España. Froito deste traballo e debido ao contexto político, tivo unha polémica con Antonio Elorza sobre a idea de "nación española".

Entre 1992 e 2000 ocupou a cátedra Príncipe de Asturias da Universidade Tufts en Boston, e dirixiu o seminario de Estudos Ibéricos do Centro de Estudos Europeos da Universidade de Harvard. Tamén foi director do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais até maio de 2008 e en virtude dese cargo, conselleiro de Estado.

É colaborador de El País e codirixe o seminario de Historia Contemporánea do Instituto de Investigación Ortega y Gasset. O seu traballo foi analizado colectivamente en 2013.

Deixou o seu posto de profesor na Complutense logo da súa xubilación en xaneiro de 2014. O 7 de outubro de 2014 na Fundación Juan March repasou o seu itinerario vital e intelectual con Santos Juliá. O autor destaca pola súa forma plural de abordar temas candentes como os movementos sociais, o populismo ou a construción nacional.Cuaderno de la Fundación J. March, outubro de 2014.

En 2016 publicou un novo libro, Dioses útiles. Naciones y nacionalismo, onde condensa as súas investigacións sobre o tema do nacionalismo, así como as teorías con maior presenza, nun volume breve e de fácil lectura, tentando racionalizar un problema histórico-político caracterizado pola súa emocionalidade.

Obras

Autor

Coautor

Coordinador

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Polémica con Antonio Elorza. Desde Periodista Digital.  

Categoría:Premio Fastenrath Categoría:Nados en Vielha e Mijaran Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Harvard