Humaira Begum (), nada en Kabul o 24 de xullo de 1918 e finada en Roma o 26 de xuño de 2002 foi a esposa e curmá do rei Mohammed Zahir Shah e a última raíña de Afganistán.
Traxectoria Humaira Begum foi filla do Sardar Ahmad Shah Khan e da súa primeira esposa, Zarin Begum.Royal Ark
Casou co seu primo irmán, Mohammed Zahir Shah, o 16 de novembro de 1930 (nikah) e en Qawmi Bagh, Kabul, o 7 de novembro de 1931. Xuntos, reinaron durante 39 anos xunto aos seus sete fillos, ata que, tras a proclamación da República de Afganistán, partiron ao exilio en Roma.
Entre as medidas que adoptou o seu esposo para modernizar o país, destacou o seu traballo para acabar coa purdah, que obrigaba as mulleres a cubrirse completamente en público mediante o uso de burkas ou roupa similar. Para dar exemplo, Humaira Begum non usaba velo. Foi unha feminista convencida.
En 1946, a raíña Humaira fundou a Sociedade de Mulleres, o primeiro instituto para mulleres en Afganistán.Julie Billaud: Kabul Carnival: Gender Politics in Postwar Afghanistan
Faleceu en Roma o 26 de xuño de 2002 e foi posteriormente enterrada no mausoleo familiar, onde descansa xunto ao seu esposo.Royal Ark
Matrimonio e fillos Mohammed Zahir Shah e Humaira Begum tiveron seis fillos e dúas fillas:
Princesa Bilqis Begum (nada o 17 de abril de 1932). Príncipe Muhammed Akbar Khan (4 de agosto de 1933 – 26 de novembro de 1942). Príncipe Herdeiro Ahmad Shah (23 de setembro de 1934 – 4 de xuño de 2024). Princesa Maryam Begum (2 de novembro de 1936 – 25 de decembro de 2021). Príncipe Muhammed Nadir Khan (21 de maio de 1941 – 3 de abril de 2022). Príncipe Shah Mahmoud Khan (15 de novembro de 1946 – 7 de decembro de 2002). Príncipe Muhammed Daoud Pashtunyar Khan (nado o 14 de abril de 1949). Príncipe Mir Wais Khan (7 de xaneiro de 1957 – 29 de setembro de 2023).
Distincións honoríficas Distincións honoríficas afgás 50px Membro de Primeira Clase da Orde do Sol Supremo (08/11/1933).Royal Ark Distincións honoríficas estranxeiras 50px Dama Gran Cruz da Orde da Lexión de Honra (República Francesa, 01/01/1950).Getty Images 50px Membro de Primeira Clase da Orde das Pléiades (Imperio de Irán, 26/03/1950).Royal Ark 50px Dama Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (Alemaña, 07/08/1963).Royal ArkBPB 50px Dama Gran Cinto da Orde da Preciosa Coroa (Imperio do Xapón, 14/04/1969).Royal Ark
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Raíñas consortes de Afganistán
Ligazóns externas Cea en honra do Rei Mohammad Zahir Shah de Afganistán.
Categoría:Nados en Cabul Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Raíñas de Afganistán Categoría:Nados en Afganistán