José Saturnino Mejuto Iglesias, coñecido como Mejuto e Sameig, nado na Coruña en 1911 e finado no Grove o 17 de marzo de 1975, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria Contable no Banco Español del Rio de la Plata da Coruña. Dirixente do sindicato da Banca da Coruña da UGT. Foi secretario do Club de Fútbol Coruña en 1932,La Voz de Galicia, 21-8-1932, p. 5. presidente en 1933,La Voz de Galicia, 6-10-1933, p. 7. e vicepresidente en 1934,La Voz de Galicia, 17-1-1934, p. 5. tamén organizou combates de boxeo.El Ideal Gallego, 3-8-1934, p. 5. Foi redactor do semanario deportivo Hércules e correspondente na Coruña de Aire de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 10-8-1974, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra na Coruña na causa 149/37 o 23 de marzo de 1937 por rebelión militar. Foi condenao a 15 anos. Cumpriu condena no Forte de San Cristovo onde ingresou o 17 de xuño de 1937. Participou na fuga do 22 de maio de 1938, foi capturado en Olave e reingresou o 24 de maio. Saíu en liberdade condicional o 9 de setembro de 1940. Foi vogal do Liceo de Monelos en 1941,La Voz de Galicia, 15-8-1941, p. 2. e secretario da coral Anaquiños da Terra de Madrid (1947).La Voz de Galicia, 11-3-1937, p. 2. Instalouse no Grove nos anos cincoenta, rexentou o bar Boga-Boga e foi axente de seguros. Correspondente no Grove de El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego, da axencia Cifra e logo da axencia EFE, asinaba as sús crónicas como Sameig. Foi presidente do Club Anduriña do Grove e foi nomeado cronista oficial do Grove en 1974.El Pueblo Gallego, 11-8-1974, p. 15. Foi promotor da Asociación de Corresponsales de Prensa y Radio no profesionales.El Pueblo Gallego, 21-3-1975, p. 14.El Pueblo Gallego, 22-3-1975, p. 16.El Pueblo Gallego, 28-3-1975, p. 13.El Pueblo Gallego, 14-3-1976, p. 20.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-4-1975, p. 58.
Recoñecementos O Centro Unión de Hijos del Grove en Buenos Aires concedéulle unha medalla ao mérito en 1968.
Vida persoal
Casou con Aurora Medín Viñas en 1933.La Voz de Galicia, 29-12-1933, p. 2. Foi pai de José Luis, Aurora, Víctor Manuel e Ricardo Mejuto Medín. No Grove foi parella de Magdalena, que consevou o seu arquivo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Censo de represaliados de la UGT
Ficha en Los presos del penal de Ezcaba.
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1975