María das Dores Arribe Dopico, coñecida como Lola Arribe, nada en Ferrol o 16 de febreiro de 1938 e finada na mesma cidade o 23 de outubro de 2016, foi unha docente, política e escritora galega reintegracionista.

Traxectoria

Foi filla de Enrique Arribe, traballador de Bazán e cenetista, e Flora Dopico, costureira. Entre 1953 e 1956 estivo exiliada en Francia co seus pais e tres irmáns.

Cos coñecementos de francés adquiridos no exilio, exerceu de profesora de francés no ensino privado. Non foi ata comezos dos 80 cando obtivo o título no Ciclo Superior en Lingua Galega na Escola de Idiomas da Coruña, se ben toda a súa vida se formou de xeito autodidacta.

A publicación de tres libros de texto de lingua galega para EXB na normativa de mínimos (prologados por Lois Barros Díaz) fixo que a Xunta de Galicia non os aprobase para o ensino, tras mudar a normativa e negarse ela a facer os cambios para a adaptación. Foi discípula, correspondente e amiga de Ricardo Carvalho Calero, así como cofundadora de AGAL, coa que participou en Congresos Internacionais da Lingua Galego-Portuguesa, e tamén foi integrante do Consello Asesor da revista Agália.

En política, foi dirixente do PSG, mantendo tamén actividade relacionada coa Igrexa, e, en ambos casos, a prol da lingua galega. Presentouse como número catro na candidatura con Manuel Beiras nas eleccións Xerais de España de 1977, (nas que se presentaron 136 homes e 14 mulleres) e na candidatura do Bloque-PSG con Francisco Rodríguez no 1982.

Nas artes, deixou un amplo poemario aínda sen publicar.Conversa mantida co seu biógrafo Manuel Rivero (20250127)

Obras e citas

Maria do Sol Veiga Aneiros / Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega E. X. B. (ciclo inicial). Ed. Everest 1982 Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 3º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983 Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 4º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983 Colaboración en Letras Galegas 1984 Poema “Um homem, uma língua, uma pátria”, 1987, na revista portuguesa O Ensino, número especial adicado a Carballo Calero. Presenza na VIII Conferencia da Asociación Americana de JuristasAGÁLIA, primavera 1988 VILAMOR, J. (2/1977). O Ferrol: Siquiatras pola liberación. Teima 8, p. 14. Poemas dos sobre de té (2025, edición de Manuel Rivero) Poemas inéditos (2025, edición de Manuel Rivero)

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PSG-EG

Categoría:Nados en Ferrol

Categoría:Nados en 1938

Categoría:Finados en 2016 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes