Cien años de soledad é unha serie de televisión colombiana baseada na novela homónima de 1967 de Gabriel García Márquez. A serie conta con dezaseis episodios en Netflix, e os primeiros oito estreáronse o 11 de decembro de 2024. Dirixida por Alex García López e Laura Mora, a serie é producida por Dynamo e distribuída por Netflix. Está protagonizada por Claudio Cataño, Marco González, Leonardo Soto, Susana Morales, Ella Becerra, Carlos Suárez, Moreno Borja e Viña Machado.

Sinopse Ao casar en contra da vontade dos seus pais, os curmáns José Arcadio Buendía (Marco Antonio González Ospina) e Úrsula Iguarán (Susana Morales Cañas) deixan atrás a súa vila e comezan unha longa viaxe na procura dun novo fogar. Acompañados por amigos e aventureiros, o seu periplo remata coa fundación dunha utópica vila á beira dun río de pedras prehistóricas que bautizan como Macondo. Varias xeracións da estirpe dos Buendía marcarán o devir desta vila mítica, atormentadas pola tolemia, os amores imposibles, unha guerra sanguenta e absurda, e o medo a unha terrible maldición que as condena, sen esperanza algunha, a cen anos de soidade.

Personaxes

Marco Antonio González Ospina como José Arcadio Buendía na súa xuventude Diego Vásquez como José Arcadio Buendía na súa adultez Susana Morales Cañas como Úrsula Iguarán na súa xuventude Marleyda Soto como Úrsula Iguarán na súa adultez Edgar Vittorino como José Arcadio Andrius Leonardo Soto como José Arcadio adolescente Thiago Padilla como José Arcadio na súa nenez Claudio Cataño como o coronel Aureliano Buendía. Santi Vásquez como Aureliano Buendía de mozo Jerónimo Echeverría Monsalve como Aureliano Buendía de neno Jerónimo Barón Lyentsova como Aureliano Buendía adolescente Loren Sofía Paz como Amaranta Buendía na súa adultez Luna Ruiz Jiménez como Amaranta Buendía na súa nenez Juan Eduardo Florido como Arcadio na súa nenez Janer Villarreal como Arcadio na súa adultez Nicole Montenegro Sánchez como Rebeca na súa nenez Laura Grueso "Akima" como Rebeca Moreno Borja como Melquiades Viña Machado como Pilar Ternera

Notas

Categoría:Series de televisión de Colombia Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua wayuu