The Irish Times é un diario irlandés, publicado en formato estándar ou grande formato (en inglés broadsheet). Foi fundado en 1859 e o seu actual editor é Ruadhan Mac Cormaic que substituíu a Paul O'Neill en 2022. O xornal é considerado o máis influente de Irlanda.
Historia The Irish Times foi fundado polo comandante Lawrence E. Knox, e a súa primeira edición publicouse o 29 de marzo de 1859. A partir de entón, saíu unha nova edición todos os martes, xoves e sábados, até o 8 de xuño dese mes, que pasou a ser diaria.
Após a morte de Knox en 1873, o xornal foi comprado pola familia Arnott, que o controlou durante uns 50 anos. En 1974, pasou a formar parte dunha compañía fiduciaria: a Irish Times Trust.
Lingua The Irish Times é publicado principalmente en lingua inglesa, pero ocasionalmente inclúe artigos ou seccións en gaélico irlandés, en particular contidos sobre temas culturais ou de relevancia nacional irlandesa. O uso do gaélico é parte do esforzo para promover e preservar a lingua, unha das dúas linguas oficiais do país xunto co inglés.
Editores
George Ferdinand Shaw (1859) Rev. George Bomford Wheeler (1859–1877) James Scott (1877–1899) William Algernon Locker (1901–1907) John Edward Healy (1907–1934) R. M. "Bertie" Smyllie (1934–1954) Alec Newman (1954–1961) Alan Montgomery (1961–1963) Douglas Gageby (1963–1974 e 1977–1986) Fergus Pyle (1974–1977) Conor Brady (1986–2002) Geraldine Kennedy (2002–2011) Kevin O'Sullivan (2011–2017) Paul O'Neill (2017–2022) Ruadhan Mac Cormaic (2022–presente)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Medios de comunicación de masas Prensa escrita
Categoría:Xornais de Irlanda Categoría:Xornais en lingua inglesa