Maria Helena Jervis de Atouguia e Almeida, máis coñecida polo pseudónimo Berta de Ataíde, nada en Funchal (Madeira) o 16 de setembro de 1847 e finada en Lisboa en maio de 1928, foi unha poeta e filántropa portuguesa.
Traxectoria alt=Portada de Mosaicos (1907), de Berta de Ataíde|esquerda|miniatura|240x240px|Portada de Mosaicos (1907), de Berta de Ataíde Berta de Ataíde naceu en Funchal o 16 de setembro de 1847. Quedou orfa de pai aos nove anos. A nai decidiu mudarse ao Brasil, polo que a autora non regresou á súa Madeira natal até tres décadas máis tarde. No seu retorno á illa, escribiu a súa primeira composición saudosista, "Num Dia Chuvoso".
Pertenceu a unha antiga e distinguida familia madeirense, filla de Jacinto Alísio Jervis de Atouguia e de Maria Miquelina Trindade Jervis de Autouguia, polo que tivo acceso a unha esmerada educación. Casou con Cristóvão Guilherme de Almeida.
Para alén da literatura, dedicouse tamén á filantropía, á educación e ao tratamento da tuberculose. Impulsou a creación dunha ONG para as mulleres, a Associação de Proteção e Instrução do Sexo Feminino Funchalense. Esta institución, fundada en 1876, tivo moita influencia na educación das rapazas. Mediante ela, instaurou o ensino profesional de moitas mulleres e dos seus fillos, garantindo que as nenas estudasen a primaria.
Faleceu en Lisboa en maio de 1928.
Obra En 1907, saíu do prelo Mosaicos, unha escolma de poemas ilustrada pola condesa de Alto Ameirim, Emília Labourdonay Gonçalves Roque, coa que a autora mantiña unha relación de amizade e un interese mutuo polas accións sociais. Algunhas das súas composicións xa foran publicadas en Poetisas portuguesas. Os beneficios da segunda edición, de 1909, foron destinados a axudar a doentes de tuberculose sen recursos.
A poesía de Berta de Ataíde posúe unha escrita madura e sentida, que contribuíu ao desenvolvemento da literatura das mulleres madeirenses.
Publicacións Mosaicos (1907)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Berta de Ataíde
Categoría:Nados en Funchal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Escritores en lingua portuguesa