miniatura| Ursus arctos horribilis (oso Grizzly) nai e cachorros forraxeando no Denali Parque Nacional, Alasca.O forraxeamento é a busca de recursos de alimento salvaxe. Afecta á condición física dun animal porque xoga un papel importante na súa capacidade para sobrevivir e reproducirse. A teoría da alimentación é unha rama da ecoloxía do comportamento que estuda o comportamento dos animais na procura de alimento en resposta ao hábitat onde vive o animal, e foi proposta por primeira vez en 1966.Hughes, Roger N, ed. (1989), Behavioural mechanisms of food selection, Londres & Nova York, p. v, ISBN 0-387-51762-6 Os humanos que forraxean son a miúdo chamados cazadores-recolectores, que atopan e comen animais e plantas (salvaxes) sen domesticación nin agricultura (nese caso non son cazadores-recolectores).
Desenvolvemento miniatura|Un grupo de babuínos olivares ( Papio anubis) buscando comida en Laikipia, Kenya. Os primates novos aprenden dos anciáns sobre a procura de alimento. Os modelos económicos utilizados polos ecoloxistas do comportamento para analizar a busca de alimento enfócanse en estratexias óptimas de eficiencia enerxética. Estes modelos predín que as tácticas que proporcionan a maior cantidade de enerxía adquirida por unidade de tempo, minimizando o custo do esforzo, son as que prevalecen evolutivamente. As variables clave destes modelos inclúen a enerxía obtida, os custos asociados coa busca, e a dispoñibilidade e distribución dos recursos no ambiente.
Contribucións importantes á teoría da alimentación foron realizadas por:
Eric Charnov, que desenvolveu o "teorema do valor marxinal" para predicir o comportamento dos recolectores mediante 'parches'Patches ou "parches" son áreas específicas dentro dun hábitat onde os recursos alimenticios están concentrados, o que os fai obxectivo de especial interese para os animais que procuran alimento, sendo puntos clave para entender patróns de forraxeamento.; Sir John Krebs, co traballo sobre o modelo de dieta óptima en relación cos Baeolophus e os 'chickadees' (páridos); John Goss-Custard, quen primeiro probou o modelo de dieta óptima contra o comportamento no campo, usando o bilurico común, e despois procedeu a un estudo extenso sobre a busca de alimento no lampareiro eurasiático.
Notas
Factores que afectan el forrajeo Aprendizaxe Xenética Presenza de depredadores Parasitismo Véxase tamén
Caza-recolección Comportamento Dieta Evolución Nutrición Zooloxía
Categoría:Caza Categoría:Zooloxía