miniatura| Juli Zeh na feira do libro de Frankfurt (2018) Juli Zeh, con nome civil Julia Barbara Finck e de nacemento Zeh, nada en Bonn (Alemaña) o 30 de xuño de 1974, é unha escritora, xurista e xuíza honoraria alemá do Tribunal Constitucional de Brandeburgo. Traxectoria O seu pai é Wolfgang Zeh, antigo director do Bundestag alemán. Juli Zeh asistiu e graduouse no Instituto Otto Kühne de Bonn. Posteriormente, estudou Dereito, con especialización en Dereito Internacional, grazas a unha bolsa da Fundación de Estudos do Pobo Alemán na Universidade de Passau, na Universidade Iaguelónica de Cracovia, na Universidade de Nova York e na Universidade de Leipzig. En 1998 superou o seu primeiro exame de Estado en Saxonia coa mellor nota da súa promoción, e o segundo en 2003.Jacqueline Thör: Kurzbiographie Juli Zeh. En: uni-due.de, consultado o 30 de xaneiro de 2019. Tras realizar unhas prácticas na Organización das Nacións Unidas (ONU) en Nova York, cursou un programa de posgrao en Dereito da Integración Europea, que concluíu cun máster en Dereito Europeo (LL.M.Eur.). Antes de rematar a carreira de Dereito, entre 1996 e o ano 2000, Zeh realizou uns estudos no Instituto de Literatura Alemá de Leipzig.
En 2010, Zeh doutorouse en Dereito pola Universidade do Sarre en Saarbrücken. A súa tese de doutoramento trata sobre a actividade lexislativa das administracións de transición das Nacións Unidas e, grazas a ela, foi galardoada co premio a tese doutoral Deutscher Studienpreis da Fundación Körber de Hamburgo. Ademais, é membro do Centro PEN de Alemaña e da Freie Akademie der Künste en Hamburgo.
Zeh viviu moitos anos en Leipzig, pero reside dende 2007 en Barnewitz, unha vila da rexión de Havelland, en Brandeburgo.Charlotte Haunhorst e Verena Mayer nunha entrevista con Juli Zeh: "Die Stadt ist wie ein großes Tier.“ Die Schriftstellerin Juli Zeh lebt auf dem Land, aber genießt das Gefühl, in der Großstadt zu sein. In ihrem Berliner Lieblingscafé spricht sie darüber, was Städte mit Menschen machen". En: Süddeutsche Zeitung PLANW. Consultado o 02 de 2016. Está casada co escritor David Finck e é nai de dous nenos. Zeh, ademais, é xinete e trata a relación entre o cabalo e a persoa nos seus libros Gebrauchsanweisung für Pferde e Socke und Sophie.
Alén da súa labor literaria, exerce como periodista e, entre outras cousas, colabora redactando artigos para o periódico Die Zeit e o xornal Frankfurter Allgemeine Zeitung. Entre maio e outubro de 2014 escribiu a columna Die Klassensprecherin na revista de noticias alemá Der Spiegel, en rotación regular cada tres semanas cos periodistas Jakob Augstein e Jan Fleischhauer. Tamén presenta un podcast literario para a empresa de telecomunicacións Pioneer SA, propiedade do xornalista Gabor Steingart.
O 12 de decembro de 2018, Juli Zeh foi elixida xuíza honoraria do Tribunal Constitucional de Brandeburgo polo Parlamento do Estado Federado de Brandeburgo, por proposta do grupo parlamentario SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña), e xurou o seu cargo o 30 de xaneiro de 2019 no mesmo parlamento.
Obra miniatura|Juli Zeh (2011) A primeira novela de Juli Zeh, Adler und Engel, que foi traducida a 35 linguas, está ambientada no mundo dos xuristas que traballan no ámbito internacional e no da mafia da droga. En sintonía coa biografía da autora, a novela destaca polo seu contido xurídico, xa que o tema central é o dereito internacional e, polo tanto, unha «forma moi especial de dereito que, en realidade, só merece a medias as características ou o nome de dereito» porque «non deixa de crearse a cada segundo» e «enfróntase constantemente á súa propia desaparición» e «á súa propia ineficacia».
Publicado en 2002, o diario de viaxe Die Stille ist ein Geräusch é o resultado dunha viaxe a Bosnia e Hercegovina no verán de 2001, que emprende acompañada unicamente polo seu can.
Trata sobre o profundo trauma das persoas dado a indiferenza da comunidade internacional ante a destrución do seu país e sobre o absoluto desinterese de Europa ante a súa situación: «Aquí xace o esqueleto do país ao descuberto. Aquí habita a morte nos pregamentos da exuberante natureza». Escrita en alemán e publicada xunto co seu marido David Finck e o escritor Oskar Ters, Ein Hund läuft durch die Republik é unha antoloxía de relatos da mocidade bosníaca e da situación no seu país.
A obra Spieltrieb desenvólvese nun instituto de Bonn, cidade natal de Zeh. Protagonizada polo alumnado e profesorado do centro, os seus comportamentos e actitudes son utilizados como exemplos para abordar a cuestión sobre a existencia obxectiva do ben e do mal dende a achega filosófico-xurídica. En 2004, presentouse ao Premio Ingeborg Bachmann de Literatura cun extracto da novela e, malia ter unha acollida desigual por parte do xurado, a novela acadou un público amplo e recibiu críticas principalmente positivas nos suplementos culturais. O dramaturgo Bernhard Studl converteu esta novela nunha obra de teatro homónima que foi estreada no Deutsches Schauspielhaus de Hamburgo o 16 de marzo de 2006. En 2013, a novela levouse ao cine co seu título orixinal, Spieltrieb, polo director Gregor Schnitzler e protagonizada pola actriz alemá Michelle Barthel.
En 2005 publicou Kleines Konversationslexikon für Haushunde con fotografías de David Finck. Nesta obra, o can Othello, a mascota dunha escritora, explica o mundo tal e como é dende o punto de vista dun can. En marzo do ano 2006 publicou Alles aus dem Rasen, unha colección de 30 ensaios.
A novela Schilf (2007) combina unha historia policial sobre dous físicos de elite con reflexións sobre o carácter do tempo. Nese mesmo ano, Bettina Bruinier e Katja Friedrich adaptárona ao teatro, e a estrea tivo lugar o 13 de decembro no Münchner Volkstheater da capital bávara. A directora Bruinier foi galardoada pola súa produción co Stern des Jahres, un premio conxunto da editorial Gruner + Jahr e da revista Stern. A estrea en Austria tivo lugar en 2012 no KosmosTheater de Viena.
A obra de teatro Corpus DelictiChristopher Schmidt: Die Erfindung der Realität. Über Juli Zehs Theaterstück Corpus delicti. En: Sprache im technischen Zeitalter. está ambientada no ano 2057. A través da política do «método», que se converteu na base de todo o Estado, obrígase á cidadanía a tomar medidas sanitarias preventivas, e mesmo fumar un cigarro constitúe un delito. Esta obra dramática estreouse no festival Ruhrtriennale de 2007. Dous anos máis tarde, Juli Zeh publicou a novela homónima Corpus Delicti: ein Prozess e, neste mesmo ano, a autora colaborou coa banda Slut para crear Corpus Delicti – Eine Schallnovelle, unha mestura entre teatro radiofónico e música. Na escenificación tamén se incluíron elementos do videoarte e do teatro. Na primavera de 2020, Antje Thoms puxo en escena unha adaptación ao teatro no Deutsches Theater Göttingen. Debido ás restricións pola COVID-19, levouse a cabo nun aparcadoiro subterráneo da zona en diferentes partes, que o público percorría cos seus vehículos.
Tamén en 2009, Juli Zeh publicou o libro Angriff auf die Freiheit: Sicherheitswahn, Überwachungsstaat und der Abbau bürgerlicher Rechte, en colaboración co autor Ilija Trojanow. Na presentación deste libro, criticaron que o estado invadise cada vez máis a privacidade da cidadanía baixo o pretexto de combater o terrorismo. Afirmaban que o Estado non pretende resolver crimes logo de que acontezan, senón prevelos buscando persoas sospeitosas que estean a planear delitos, polo que queren controlar a poboación de xeito exhaustivo. Zeh e Trojanow advertiron que non debemos crer que vivimos nunha democracia, senón nunha autocracia, que abusaría do poder outorgado por unha vixilancia excesiva, pois ningún sistema é inherentemente «bo». Canto máis poder se concentre no Estado, máis perigo hai de que abuse del. Declaraban que existe a ameaza dun réxime de vixilancia totalitario baixo o lema de «o grande irmán estate observando», como na novela 1984 de George Orwell, contra o cal debemos loitar para preservar a nosa liberdade e privacidade.Ilija Trojanow, Juli Zeh: Angriff auf die Freiheit. Sicherheitswahn, Überwachungsstaat und der Abbau der bürgerlichen Rechte. Múnich, 2014, páxs. 65, 80, 131 e 137.
No ano 2010, Juli Zeh foi entrevistada no documental Amok – Anatomie sobre as causas dos tiroteos escolares.
A novela Nullzeit, publicada en 2012, relata dende dúas perspectivas distintas un triángulo amoroso que xorde durante unhas vacacións de mergullo en Lanzarote. Segundo a autora, a novela é á vez un thriller psicolóxico e un romance. Tamén se percibe a afección de Juli Zeh polo submarinismo, deporte que aprendeu en 2010.
Na novela social Unterleuten, publicada en 2016, a autora describe a estrutura social dunha aldea de Brandeburgo vinte anos despois da reunificación. A obra consta de seis partes, de entre oito e trece capítulos cada unha, titulados co nome da personaxe que serve de punto de vista. Con estes cambios de perspectiva, móstranos que todo o mundo fai suposicións doutras persoas que logo resultan ser falsas. O autor e crítico literario Jörg Magenau considera este recurso a verdadeira intriga da novela. O texto está «centrado no argumento e no estudo das personaxes», pero «en canto á linguaxe, é sinxelo e convencional», o cal se axeita a unha novela de aldea.
Juli Zeh explicaba no xornal suízo Neue Zürcher a percepción que ten de si mesma como autora de Unterleuten coas seguintes palabras: «eu véxome como unha autora que busca entreter, esa foi sempre o meu obxectivo». Na novela menciónase un libro de consellos titulado Dein Erfolg, publicado en 2015 baixo o seu pseudónimo Manfred Gortz, un consultor de negocios ficticio. Isto provocou acusacións de plaxio, nas que foi cuestionada a verdadeira autoría do libro.Tobias Lehmkuhl: Wer in Juli Zehs „Unterleuten“ wen bewegt. En: Süddeutsche Zeitung. 14 de abril de 2016.
Richard Kämmerlings: Echt gelogen. Juli Zeh hat einen Bestseller geschrieben, dessen erfundene Figuren plötzlich im echten Leben auftauchen. Was steckt hinter dem Verwirrspiel? Eine Begegnung. En: welt.de. 1 de maio de 2016.
. En 2020 foi adaptada á pantalla co título Unterleuten – Das zerrissene Dorf, e estreouse na canle de televisión alemá ZDF dividida en tres partes.
En 2017 publica a distopía Leere Herzen, un panfleto político disfrazado de thriller que trata sobre o terrorismo paraestatal no ano 2025 e a idea dun futuro pouco prometedor, aínda que ofrece certo indicio de esperanza ao final.
En 2018 publica a novela Neujahr. Trata da esixencia excesiva dun pai de familia emancipado que arrastra un trauma da infancia, que lle provoca ao protagonista ataques de pánico na súa vida adulta. Os dous fíos narrativos están unidos por unha sensación de déjà-vu e, á vez, fragméntanse en dúas narracións case independentes.
En maio de 2020 sae á luz un libro titulado Fragen zu Corpus Delicti, no cal a autora volve abordar a súa obra Corpus Delicti para falar sobre a súa orixe e as numerosas preguntas que xurdiron dende entón.
En marzo de 2021 publica a novela Über Menschen, que, ao igual que a súa obra Unterleuten, volve estar ambientada no Brandeburgo rural. A protagonista é Dora, unha redactora publicitaria que remata de deixar o seu mozo Robert. Ao comezo da pandemia da COVID-19 en marzo de 2020, múdase dende o barrio berlinés de Kreuzberg a unha casa vella con 4000 metros cadrados de terreo ermo e cuberto de maleza, situada nas aforas da vila de Bracken, no distrito de Prignitz.O argumento xira en torno á autoexaltación moral e á comparativa entre a xente da cidade e do rural. Así, a autora ofrécenos unha novela sobre o autocoñecemento dos tempos da COVID-19.