Valdomiro ou Volodemer Koubetch, O.S.B.M., nado en Mandaguaçu (Paraná) o 27 de marzo de 1953, é un eclesiástico greco-católico ucraíno brasileiro, relixioso basiliano e arcebispo de San Xoán Bautista en Curitiba dos ucraínos. Traxectoria Fillo de João Koubetch e Antonia Campana Koubetch, realizou os seus estudos primarios en Umuarama e Roncador, no Paraná.

En 1967 ingresou no Seminario San Xosé de Prudentópolis, onde terminou os estudos de primeiro grao. En 1971, iniciou seu noviciado na Orde de San Basilio Magno. Realizou os estudos secundarios en Curitiba. Cursou Filosofía no Studium San Basilio de Curitiba, entre os anos de 1976 e 1978, e Teoloxía no Pontifício Instituto Santo Anselmo, en Roma. O 16 de xullo de 1978 realizou a súa profesión solemne na Orde de San Basilio Magno.

Foi ordenado diácono o 12 de abril de 1981 no Pontificio Colexio de San Xosafat de Roma, con Myroslav Marusyn como ordenante. O 6 de decembro de 1981 foi ordenado sacerdote na parroquia de San Nicolao de Roncador, sendo o ordenante o bispo Efraím Basílio Krevey. Realizou despois un máster en Teoloxía Moral na Facultade de Teoloxía da Nosa Señora da Asunción de São Paulo, entre 1990 a 1993, e doutorouse en Teoloxía Sistemática na Pontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro, en 2000.

O 10 de decembro de 2003 foi nomeado bispo coadxutor de San Xoán Bautista en Curitiba dos ucraínos, sendo consagrado o 21 de marzo de 2004 polo arcebispo maior Liubomyr Huzar, sendo co-consagradores Efraím Basílio Krevey e Pedro Antônio Marchetti Fedalto.

O 13 de decembro de 2006 converteuse no eparca de San Xoán Bautista en Curitiba dos ucraínos, nomeado por Bieito XVI. Coa elevación da eparquía ao rango de arquieparquía, converteuse no seu primeiro arcebispo o 12 de maio de 2014.

Notas

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados no estado do Paraná Categoría:Relixiosos católicos do Brasil Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Bispos católicos do Brasil Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XXI