Mark Jones, nado o 5 de febreiro de 1951, é un historiador da arte, numismático e museólogo británico, conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico (1991-1992) e director do Victoria and Albert Museum de Londres (2001-2011).
Traxectoria
Primeiros anos e formación Mark Ellis Powel Jones naceu o 5 de febreiro de 1951,"Sir Mark Jones". Debretts.com fillo da escritora e historiadora Ann Paludan e de John Ernest Powell-Jones. É sobriño neto do actor Robert Newton.
Cursou o seu ensino secundario no Eton College, un colexio público masculino de Eton, Berkshire. Posteriormente fixo os seus estudos superiores de Política, Filosofía e Economía no Worcester College da Universidade de Oxford, e continuou a súa formación con estudos de posgrao en Historia da Arte no Instituto de Arte Courtauld, onde acadou o título de Mestrado en Artes."Sir Mark Jones, Director". Victoria & Albert Museum.
Carreira profesional e académica Finalizada a súa etapa formativa, Jones traballou entre 1974 e 1990 como conservador adxunto no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e como conservador titular entre 1990 e 1992."Mark Jones". BritishMuseum.org Entre outras, nesa institución foi o comisario das exposicións The Art of Medal ("A arte da medalla" —1979—) e FAKE? The Art of DeceptionReed, M. (1990). "FAKE?: THE ART OF DECEPTION. Mark Jones , Paul Craddock , Nicolas Barker". En Art Documentation: Journal of the Art Libraries Society of North America. Vol. 9. Nº 4. Páxinas 215-216. ("Falso? A arte do engano" —1988—).
En 1992 foi nomeado director dos Museos Nacionais de Escocia. En 1998 supervisou a creación do Museo de Escocia, que acadou 22 premios polas súas excepcionais exposicións e unha candidatura para o Premio Stirling polo seu edificio;Sudjic, D. (2002). "But where are the great Scots these days?". En The Guardian. 24 de marzo. tamén dirixiu a creación doutros museos en Escocia, como o Museo Nacional da Guerra e o Museo da Vida Rural.
En maio de 2001, Jones foi nomeado director do Victoria and Albert Museum. No seu primeiro día no cargo anunciou a supresión das tarifas de entrada ao museo."Museums set dates for free entry". En BBC News. 1 de maio de 2001. Baixo a súa dirección completáronse varios proxectos de renovación, entre os que cómpre salientar as galerías daedicadas á Idade Media e ao Renacemento, inauguradas en 2009."Completed Future Plan projects". Victoria & Albert Museum (VAM.ac.uk).
O 18 de novembro de 2010, anunciouse que Jones fora elixido como o seguinte como novo reitor do St Cross College da Universidade de Oxford. Asumiu o cargo en setembro de 2011 e mantívose nel ata setembro de 2016."Sir Mark Jones". St. Cross College (Stx.ox.ac.uk)."Sir Mark Jones elected Master of St Cross College". MyScience.uk. 18 de novembro de 2010.
En 2019 foi nomeado presidente do National Trust for Scotland, un organismo público dedicado á conservación do patrimonio natural, histórico e cultural de Escocia."Honorary Fellow Sir Mark Jones named new Chair of National Trust for Scotland". St. Cross College (Stx.ox.ac.uk).
O 2 de setembro de 2023 anunciouse o nomeamento de Jones como director interino do Museo Británico."British Museum name former St Cross Master Sir Mark Jones as New Interim Director". St. Cross College (Stx.ox.ac.uk).Harris, G. (2023). "British Museum thefts: Mark Jones named interim director of the British Museum". The Art Newspaper. 2 de setembro.
No seu país, Jones exerceu a presidencia da Conferencia de Directores de Museos Nacionais (2006-2009), conselleido do National Trust (desde 2005), da Colección de Arte Gilbert (desde 2001) e do Pilgrim Trust (desde 2006). Así mesmo foi membro do Consello (desde 2001) e do Tribunal (desde 2002) e do Royal College of Art; vicepresidente da Sociedade Británica da Medalla de Arte e da Kensington & Chelsea Decorative & Fine Arts Society, e patrono do Gremio de Bordadores.
Entre outros organismos estranxeiros, Mark Jones foi asesor do Comité Preparatorio do Museo de Arte da Universidade Tsinghua de Pequín e membro do Comité Asesor Internacional do Museo de Rusia en San Petersburgo.
Recoñecementos Ao longo da súa traxectoria, Mark Jones fíxose acredor dos seguintes recoñecementos:miniatura|161x161px|Insignia de Knight Bachelor.
Membro da Sociedade de Aticuarios de Londres (1992)."Mr Mark Jones". Society of Antiquaries of London (sal.org.uk). Membro da Real Sociedade de Edimburgo (1999)"RSE Fellows as at 13/10/2015". Royal Society of Edinburgh (royalsoced.org.uk). Knight Bachelor polos "servizos ás artes" (2010)."No. 59282". The London Gazette (suplemento). 31 de decembro de 2009. Páxina 1. Doutor Honorífico en Literatura polo Royal Holloway College, da Universidade de Londres. Doutor Honorífico en Dereito pola Universidade de Dundee (2012)."Honorary Degrees". University of Dundee (Dundee.ac.uk). Doutor Honorífico en Belas Artes pola Universidade de Abertay de Dundee. Catedrático de Honra da Universidade de Edimburgo.
Vida persoal Está casado con Camilla Toulmin, antiga directora do Instituto Internacional do Ambiente e o Desenvolvemento."Camila Toulmin". IDDRI.org Xuntos teñen tres fillos, e Jones unha Filla dun matrimonio anterior.
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativas da traxectoria de Mark Jones ao longo da súa traxectoria:
(1979). The Art of the Medal. British Museum, Londres. ISBN 978-0714108513 (1979). Impressionist Paintings. Mayflower Books. ISBN 978-0831748944 (1982-1988). Catalogue of French Medals in the British Museum [British Museum Catalogues of Coins] British Museum. (1982). Vol. I: 1402-1610. ISBN 9780714108551 (1988). Vol. II: 1600-1672. ISBN 978-0714108568 (1990) Fake: The Art of Deception (ed.). University of California Press. ISBN 0-520-07087-9 (1992). Why Fakes Matter (ed.). British Museum. ISBN 9780714117218 (1994) Designs on Posterity. Drawings for medals (ed.). British Art Medal Society, Londres. ISBN 978-0951427132 (1995). Impresionism. Phaidon Press. ISBN 9780714830537 (2025). William Wyon. Spink. ISBN 978-1912667796
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Historiadores da arte Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Directores de museos