Nakasuk (en silabario inuktitut: ᓇᑲᓱᒃ [nakasuk]) foi un inuk que naceu nun campamento de caza de focas preto de Pangnirtung, Territorios do Noroeste (actual Nunavut) a principios do século XX e que creceu arredor de Kimmirut (anteriormente Lake Harbour). Axudou a un grupo da Armada dos Estados Unidos de América que invernaba na illa de Baffin durante o inverno de 1941–1942 a atopar un lugar axeitado para unha base aérea estadounidense.
miniatura|dereita|Escola elemental Nakasuk, en Iqaluit. O sitio que seleccionaron é a localización da vila moderna de Iqaluit (actual capital de Nunavut). Nakasuk permaneceu no lugar para axudar aos estadounidenses a estabelecer a súa base, e instalouse alí permanentemente despois da súa finalización, converténdose no primeiro residente permanente de Iqaluit. Polo tanto, lémbrase como o fundador de Iqaluit, e a escola elemental Nakasuk recibe o nome da súa honra.
Notas
Categoría:Pobos inuit