Janet Paterson Frame, nada en Dunedin o 28 de agosto de 1924 e finada na mesma cidade o 29 de xaneiro de 2004, foi unha autora neozelandesa. É coñecida internacionalmente polo seu traballo, que inclúe novelas, contos, poesía, ficción xuvenil e unha autobiografía, e recibiu numerosos premios, entre eles ser nomeada para a Orde de Nova Zelandia,The Order of New Zealand Honours List a máis alta honra civil do país.

A celebridade de Frame deriva da súa dramática historia persoal, ademais da súa carreira literaria. Despois de anos de hospitalización psiquiátrica, programóuselle unha lobotomía que foi cancelada cando, poucos días antes do procedemento, a súa publicación debut de relatos recibiu inesperadamente un premio literario nacional. Moitas das súas novelas e contos exploran a súa infancia e a súa hospitalización psiquiátrica desde a perspectiva da ficción, e a súa galardoada autobiografía en tres volumes foi adaptada no filme An Angel at My Table (1990), dirixido por Jane Campion.

Obra miniatura|Placa dedicada a Janet Frame no Writers' Walk do Octagon de Dunedin

Novels 1957 Owls Do Cry 1961 Faces in the Water 1962 The Edge of the Alphabet 1963 Scented Gardens for the Blind 1965 The Adaptable Man 1966 A State of Siege 1968 The Rainbirds 1970 Intensive Care 1972 Daughter Buffalo 1979 Living in the Maniototo 1989 The Carpathians 2007 Towards Another Summer 2013 In the Memorial Room (publicada postumamente segundo o seu desexo)

Coleccións de relatos 1951 The Lagoon and Other Stories 1963. The Reservoir: Stories and Sketches 1963. Snowman Snowman: Fables and Fantasies 1966 The Reservoir and Other Stories 1983. You Are Now Entering the Human Heart 2012. Gorse Is Not People

Ficción infantil 1969. Mona Minim and the Smell of the Sun

Coleccións de poesía 1967. The Pocket Mirror 2006. The Goose Bath 2017. Parleranno le tempeste

Autobiografía 1982. To the Is-Land (Autobiography 1) 1984. An Angel at My Table (Autobiography 2) 1984. The Envoy From Mirror City (Autobiography 3) 1989. An Autobiography (Edición compilada. Reimpresa postumamente como An Angel at My Table)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas The University of Auckland Library's Frame bibliography Janet Frame Literary Trust Profile at Read NZ Te Pou Muramura Tara Hawes's essay "Janet Frame: The Self as Other/Othering the Self" Diane Caney's essay "Janet Frame & The Tempest," originally delivered at the 1992 Janet Frame conference Director Jane Campion's introduction to the 2008 UK reprint of Frame's autobiographies Petri Liukkonen: Janet Frame, Authors Calendar Janet Frame: A world-renowned reclusive kiwi writer Yemen Times Newspaper, (2009), Issue No. 1312

Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Escritores en lingua inglesa