Victoriano Suances Campo, nado en Ferrol o 20 de marzo de 1821 e finado nesa cidade o 21 de decembro de 1892, foi un militar e político galego.

Traxectoria Fillo de Carlos Suances Portela. Ingresou no Colexio de Guardiamarinas. Foi ascendido a alférez de navío en 1842, en 1848 a tenente de navío. Contraalmirante da Armada. Foi elixido deputado polo distrito de Ferrol nas eleccións de agosto de 1872. Capitán Xeneral de Ferrol dende o 1 de maio de 1881 ata o 20 de marzo de 1885, cando foi nomeado director de persoal do Ministerio de Mariña, e despois comandante xeneral do porto da Habana. Finou en Ferrol o 21 de decembro de 1892.La Voz de Galicia, 23-12-1892, p. 2.Gaceta de Galicia, 24-12-1892, p. 1-2.

Recoñecementos Gran Cruz de San Hermenegildo.

Vida persoal

Casou en Ferrol con Felicia Pelayo Pardo en 1846, e foi pai de Victoriano Suances Pelayo. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Victoriano Suances del Campo, o “Suanzes”

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1892