Émile Paul Brouette, nado en Ixelles, Bruxelas-Capital, o 10 de xuño de 1910 e finado en Gembloux, Namur, o 11 de agosto de 1980, foi un numismático, epigrafista e arquiveiro belga, presidente da Sociedade Real de Numismática de Bélxica de 1976 a 1980.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Émile-Paul Brouette naceu en Ixelles en 1910,De Baeck, M. P. (1980). Páxina 5. nunha familia do alto funcionariado belga.
Desde a súa primeira xuventude sentiuse interesado pola historia e a arte, o que o levou a cursar estudos de Historia na Universidade de Liexa, na que acadou o doutoramento, e ampliou a súa formación artística cos estudos de Historia da Arte no Instituto Superior de Historia da Arte e de Arqueoloxía de Bruxelas. Seguidamente licenciouse tamén en Ciencias Económicas na Universidade de Mons.Jadot, J. (1980). Páxina 265.
Carreira profesional e como erudito A súa primeira actividade profesional estivo sempre orientada á docencia, que exerceu entre os anos 1942 e 1972 nos institutos (ateneos reais) de Ixelles e Soignies. Paralelamente, en 1947 comezou a xestionar os arquivos da Fundación Ligne, en Beloeil.
En recoñecemento do seu labor no ámbito da arquivística foi recoñecido coa súa admisión en diversas academias e sociedades eruditas. En 1953 foi admitido na Clase de Letras da Academia Real de Bélxica; en 1957 foi nomeado polo Ministerio de Educación Pública membro do Comité Nacional Belga de Historia Eclesiástica; en 1958 ingresou tamén como membro do Instituto Histórico Belga de Roma e en 1960 foi distinguido pola Academia Nacional de Arras. A Real Academia Belga de Arqueoloxía acolleuno como membro correspondente en 1966, e logo como membro de número en 1969.De Baeck, M. P. (1980). Páxina 6.
A finais da década de 1960 tamén foi aceptado como membro da Comisión Nacional Belga de Historia dos Países e das Asembleas Estatais; en 1974 accedeu ao posto de director do Dictionnaire des Auteurs cisterciens e en 1975 ingresou no Centro Nacional de Codicoloxía.De Baeck, M. P. (1980). Páxina 6.
Merece unha mención especial a vinculación de Émile Brouette á Sociedade Real de Numismáticade Bélxica, na que ingresou como membro correspondente o 2 de marzo de 1952 e da que pasou a ser membro de número en 1958. En 1967 ingresou na xunta directiva da Sociedade, en 1970 foi elixido vicepresidente en 1976 presidente, cargo que exerceu ata om seu falecemento. Desde 1964, exercía tamén a dirección da revista desta entidade, a Revue belge de numismatique et de sigillographie.
Ao longo da súa traxectoria, Émile Brouette foi un profundo estudoso da epigrafía, a numismática, a sixilografía, a codicoloxía, a historia eclesiástica e outras disciplinas, e un prolífico autor de traballos acerca destes temas e outros afíns, publicados tanto en revistas especializadas como en forma de monografías.Jadot, J. (1980). Páxinas 265-266.
Brouette finou en Isnes, rexión de Bruxelas-Capital, o 11 de agosto de 1980, aos 70 anos.
Publicacións Esta é unha escolma dos artigos publicados por Émile Brouette ao longo da súa traxectoria como erudito:
(1949). "La date de fondation de l'abbaye de Salzinnes". En Revue belge de Philologie et d'Histoire. 27-1-2. Páxinas 135-138. (1950). "Chartes et documents de l'abbaye d'Argenton à Lonzée". En Bulletin de la Commission royale d'Histoire. 115. Páxinas 297-381. (1950). "Notes sur l'économie rurale du Namurois au siècle de malheur (1500-1648)". En Revue du Nord. 126-127. Páxinas 105-118. (1951). "Sceaux de l’abbaye et des abbesses de Saizinnes". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 97. Páxinas 153-156. (1955). "Une source sigillographique méconnue : les cartulaires «figurés»". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 101. Páxinas 113-120. (1959). "La fixation de la taille de Belœil (février 1245 ou 1246)". En Bulletin de la Commission royale d'Histoire. 124. Páxinas 267-274. (1960). "Une « Tabula libri cartarum » du Mont-Saint-Éloi". En Scriptorium. 14-1. Páxinas 103-104.
(1962). "Une influence byzantine dans des sceaux épiscopaux lotharingiens du XIIe siècle". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 108. Páxinas 225-234. (1964). "Nouveau Supplément aux régestes de Thierry et de Philippe d'Alsace". En Revue du Nord. 180. Páxinas 5-8.
(1967). "Seings manuels des notaires de l’Officialité et des notaires publics à Liège, des origines à 1350" (con P. Pivens-Rigo). En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 113. Páxinas 87-107. (1970). "Un chef d’œuvre sigillaire du XIIe siècle et ses témoins iconographiques". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 116. Páxinas 275-283. (1972). "Les plus anciennes légendes sigillaires en langue française dans les Pays-Bas et régions voisines". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 118. Páxinas 171-186. (1973). "La plus ancienne mention d'un official d'archidiacre dans le diocèse de Liège". En Revue belge de Philologie et d'Histoire. 51-2. Páxinas 366-370. (1974). "Les matrices de sceaux du musée de la ville de Huy". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 120. Páxinas 201-232. (1980). "Répertoire sigillographique de la collection de Salis". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 126. Páxinas 220-223.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
De Baeck, M. P. (1980). "Émile Brouette (1910-1980". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 126. Páxinas 5-8. Jadot, J. (1980). "Émile Brouette". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 126. Páxinas 265-266.
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Historiadores de Bélxica Categoría:Arquiveiros Categoría:Epigrafistas Categoría:Alumnos da Universidade de Liexa Categoría:Alumnos da Universidade de Mons Categoría:Personalidades sen imaxes