Entrerríos é unha entidade local menor do concello español de Villanueva de la Serena, pertencente á provincia de Badaxoz (comunidade autónoma de Estremadura). Atópase entre Villanueva de la Serena e Valdivia. Pertence á comarca de Vegas Altas e ao Partido xudicial de Villanueva de la Serena.

Ten unha ampla praza oval porticada, na que salienta a igrexa parroquial da nosa Señora de Begoña, de forma circular.Archidiócesis de Mérida-Badajoz - Listado de Parroquias

Entrerríos foi deseñado por Alejandro de la Sota en 1953 e é un das 300 "vilas do franquismo", poboacións creadas dende cero entre 1940 e 1970 co pulo do Instituto Nacional de Colonización para fomentar a explotación agraria e gandeira en zonas a miúdo illadas e despoboadas.Artigo de El Mundo

Notas

Categoría:Villanueva de la Serena