dereita|miniatura|Mural da Señora Lola en Pontevedra. Joseba Muruzábal, nado en Cambre en 1984, tamén coñecido polo pseudónimo "Yoseba MP", é un pintor e muralista galego. Traxectoria Iniciouse no mundo artístico xa na súa adolescencia a través do graffitti e de realizar retratos dos seus amigos. Estudou belas artes na cidade de Pontevedra, compaxinando os seus estudos con traballar decorando negocios por encargo.
No ano 2012 iniciou unha serie de obras, nun principio en forma de cadros que vendeu na Feira do cocido de Lalín, e posteriormente en forma de murais, chamada Fenómenos do rural, na que representa, ó longo do territorio galego, ancianas da zona ás que representa con superpoderes.
Premios Premio Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2009) por Juancho y sus Perros. Primeiro premio do V Certame de Pintura Arte Nova Galega (2012). Mellor artista galego Bienal Eixo Atlántico (2010).
Notas
Categoría:Nados en Cambre Categoría:Muralistas Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1984