Dion Lopy, nado en Dakar o 2 de febreiro de 2002, é un futbolista senegalés que xoga como centrocampista defensivo no Almería, da Segunda División. É internacional coa selección do Senegal.

Traxectoria Reims Comezou a xogar ao fútbol no seu Senegal natal, onde ingresou na Academia de Fútbol Oslo, co que debutou na terceira categoría do fútbol senegalés. En 2020 foi fichado polo Stade de Reims francés, que se interesou nel trala súa participación no Mundial sub-20.

Xogou brevemente no filial do Reims no Championnat National 2, antes de debutar co primeiro equipo na Ligue 1 o 4 de abril de 2021, nun empate 2-2 co Stade Rennais. Na tempada 2022/23 converteuse nun habitual do primeiro equipo, adestrado por Will Still.

Almería O 5 de agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe por seis anos polo Almería, da Primeira División.

Selección nacional Internacional coas categorías inferiores, en 2019 disputou tanto a Copa do Mundo Sub-20 como e a Copa Africana de Nacións Sub-20, proclamándose subcampión desta última.

O 3 de agosto de 2019 debutou coa selección absoluta do Senegal, nunha vitoria por 3-0 sobre Liberia. Tivo que esperar ata o 28 de marzo de 2023 para a súa segunda aparición internacional, unha vitoria visitante por 0-1 sobre Mozambique.

Referencias

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Xogadores do Stade de Reims Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Senegal