miniatura|320x320px|Algúns exemplares do tesouro de Cesarea, composto por uns 2.000 dinares fatimís."Divers in Caesarea find largest treasure of gold coins ever discovered in Israel". En The Jerusalem Post. 17 de febreiro de 2015. miniatura|320x320px|Evolución do califato fatímíA moeda fatimí é a emitida baixo ou poder do califato fatimí, un imperio xiíta ismailita que gobernou amplas zonas do norte de África, Arabia occidental e o Levante mediterráneo, primeiro desde Tunisia (Ifriqiya) e despois desde Exipto.

A moeda fatimí cuñouse seguindo o padrón típico das emisións islámicas. Os fatimís eran especialmente coñecidos pola alta calidade dos seus dinares de ouro, que demostraron ser unha potente ferramenta política na conquista de Exipto e foron moi imitados polos estados cruzados no século XII. Por outra banda, as moedas de prata fatimís (dirhams), aínda que moi cuñadas, foron perdendo calidade conforme se ía debilitando do Estado fatimí, e foron obxecto dun escaso interese nos estudos numismáticos recentes. Os fatimís apenas cuñaron moedas de cobre.

Partindo de deseños que imitaban a moeda abbásida, adaptados simplemente con lemas acordes co novo réxime e os nomes dos califas fatimís, a partir do reinado do califa al-Mu'izz, a moeda fatimí incluíu tamén fórmulas abertamente xiítas e acadou un aspecto distintivo, caracterizado por unhas bandas concéntricas inscritas, que se mantivo ata o final da dinastía.

Antecedentes e contexto A dinastía fatimí afirmaba descender de Fátima, filla de Mahoma e esposa de Alí, a través de Ismail, fillo do derradeiro imán xiíta comunmente aceptado, Ja'far al-Sadiq,Canard, M. (1965). Páxina 850. afirmación cuestionada adoito mesmo polos seus contemporáneos, sinaladamente os sunnís. O secretismo da familia antes do ano 890 e as diferentes xenealoxías publicadas posteriormente pola propia dinastía dificultan aínda máis aos investigadores modernos a determinación da orixe exacta da dinastía.Canard, M. (1965). Páxinas 850-852. Sexa cal sexa a súa verdadeira orixe, os fatimís eran os líderes da seita ismailí do xiísmo e encabezaban un movemento que, en palabras do historiador Marius Canard, «era á vez político e relixioso, filosófico e social, e cuxos seguidores esperaban a aparición dun Mahdi descendente do Profeta a través de Alí e Fátima». Xa que logo, de xeito diferente aos seus rivais contemporáneos, os califas abbásidas e omeias, os califas fatimís non eran só gobernantes seculares que actuaban sobre unha poboación diversa de súbditos musulmáns, cristiáns ou xudeus, senón sobre todo imáns ismailís: para os fieis ismailís, eran as autoridades últimas, infalibles e divinamente guiadas en cuestións de fe.Bierman, I. A. (1998). Páxina 60.

Os dereitos a ser aludido na moeda e a ser nomeado no sermón da oración do venres eran os dous atributos e as prerrogativas máis comúns da soberanía no mundo islámico medieval,Lewis, B. (2004). Páxinas 82-83, 85. e a supresión dos nomes dos gobernantes ou a adición doutros novos era o principal signo indicativo dos cambios na lealdade política ou relixiosa dunha provincia ou dun potentado local.Darley-Doran, R. E. (1997). Páxinas 594-595. Así, xa durante a frustrada revolta fatimí liderada por Sahib al-Shama en Siria en 903, cuñáranse moedas na ceca de Homs en nome do Mahdi, aínda sen nome, e no sermón do venres suprimiuse o nome do califa abbásida al-Muktafi en favor do «Sucesor, o Herdeiro ben guiado, o Señor da Era, o Príncipe dos Crentes, o Mahdi».Halm, H. (1991). Páxinas 78-82.Daftary, F. (2007). Páxina 123.

Historia da moeda fatimí miniatura|280x280px|Antigo dinar fatimí de ouro de al-Mahdi, cuñado en Kairouan en 910 ou 911. Os fatimís seguiron o padrón islámico habitual de dinares de ouro e dirhams de prata, xunto coas súas fraccións e os seus múltiplos.Nicol, N. D. (2006). Páxina xi. Consérvanse moedas de cobre ou bronce, pero é probable que non se emitisen como feluses estándar, senón como fraccións do dirham.Nicol, N. D. (2006). Páxina xii.

Das moedas que sobreviviron ata a actualidade, as máis frecuentes son os dinares completos e os medios dirhams, aínda que hai variacións rexionais. Por exemplo, en Sicilia, o cuarto de dinar —introducido polos aglabís e que seguiu a ser a moeda de ouro estándar da illa mesmo despois do período fatimí, en forma de tari—Miles, G. C. (1965). Páxina 297. é, con diferenza, a emisión máis común, en tanto que o medio dirham é case inexistente.Nicol, N. D. (2006). Páxinas xi-xii. Dada a falta de cuñaxe de moedas de cobre e a falta de atención ás emisións de prata por parte dos coleccionistas modernos, os estudos recentes sobre a moeda fatimí céntranse principalmente nos dinares de ouro.Walker, P. E. (2002). Páxina 95.Bloom, J. M. (2007). Páxina 36.

As primeiras emisións As primeiras moedas fatimís cuñáronse pouco despois da conquista do emirato aglabí de Ifriqiya polo exército do misioneiro ismailí Abu Abdallah al-Shi'i, que se converteu en rexente en nome do imán fatimí ausente.Brett, M. (2017). Páxinas 33-34.Halm, H. (1991). Páxinas 115-117. Ese imán, Abdallah al-Mahdi, seguía agochado en Sijilmasa,Halm, H. (1991). Páxina 121. e o seu nome era descoñecido mesmo para Abu Abdallah, que nunca o vira.Halm, H. (1991). Páxina 125. Por tanto, as novas moedas levaban frases xenéricas que anunciaban unha nova era, sen nomear a ningún gobernante; as inscricións rezaban: «A Proba de Deus [é dicir, o Mahdi] chegou» nunha face e “Os inimigos de Deus dispersáronse” na outra.Halm, H. (1991). Páxina 117.Walker, P. E. (2002). Páxinas 95-96.Nicol, N. D. (2006). Páxina 2. Os ifriqís coñecían estas moedas carentes de nome como Sayyidiyy", do apelativo honorífico sayyid, “señor”, aplicado a Abu Abdallah.Halm, H. (1991). Páxina 116. Outro lema que aparecía daquela nas moedas, «Loado sexa Deus, Señor do Universo», converteuse no «lema e a sinatura de todos os califas fatimís». miniatura|280x280px|Dinar de al-Mansur, cuñado en Al-Mansuriya, Tunisia, en 949 ou 950. Cando Abdallah al-Mahdi asumiu o trono en 910, puxo o seu nome e reclamou títulos nas moedas: al-Imam al-Mahdi bi'llah Abdallah Amir al-Mu'minin ("O imán rectamente guiado por Deus Abdallah, Príncipe dos Fieis").Darley-Doran, R. E. (1997). Páxinas 595. Polo demais, as súas moedas eran idénticas ás abbásidas coetáneas, incluídos os remates en forma de doas nas letras. Tratábase dunha elección natural, xa que a ceca e os seus artesáns foran herdados dos aglabís, que seguiron o modelo abbásida, e os cambios repentinos na cuñaxe de moedas adoitan ser vistos con desconfianza pola poboación. Durante os primeiros anos do novo réxime, as moedas aglabís probablemente seguisen circulando xunto ás novas fatimís, ata que as primeiras foron fundidas e cuñadas de novo como moedas fatimís.

O segundo califa, al-Qaim (r. 934-946), cambiou por primeira vez os deseños, arredándoos do modelo abbásida: a caligrafía fíxose máis refinada e a grafila circular duplicouse.

As moedas do terceiro califa, al-Mansur, dos dous primeiros anos do seu reinado (334 e 335 da Héxira, correspondentes a 946/7 e 947/8 d. C.) seguían a levar o nome de al-Qaim,Walker, P. E. (2002). Páxina 96. que morrera o 17 de maio de 946, xa que al-Mansur estaba ocupado na represión da revolta de Abu Yazid e mantivo en segredo a morte do seu pai. Halm, H. (1991). Páxinas 277-278. Os rebeldes tamén cuñaron dinares de ouro propios en Kairouan, que incluían fórmulas sunnís e kharixitas en desafío directo ás pretensións fatimís.Brett, Michael (2001). Páxinas 168-171.Nicol, N. D. (2006). Páxina 27. Só logo da derrota e a morte do líder rebelde en agosto de 947, al-Mansur proclamouse publicamente califa:Halm, H. (1991). Páxina 287. a primeira emisión co seu nome data de maio ou xuño de 948. Al-Mansur tamén introduciu os primeiros cambios importantes no deseño das moedas, engadindo unha inscrición exterior concéntrica arredor dun campo central con inscrición horizontal, e eliminando as lendas da banda interior.Walker, P. E. (2002). Páxina 97.

Cambios baixo al-Mu'izz miniatura|280x280px|Dinar de ouro de al-Mu'izz, cuñado no Cairo en 973 ou 974. O fillo de al-Mansur, al-Mu'izz (r. 953-975), modificou aínda máis o deseño das moedas: eliminou o campo horizontal e introduciu tres círculos concéntricos arredor dun punto central. A historiadora Irene Bierman interpreta este deseño como un motivo ismailí que simbolizaba a centralidade do imán-califa fatimí, baseándose no frecuente uso dos círculos como metáfora na doutrina ismailí e na cidade circular de Al-Mansuriya que al-Mansur erixira, en cuxo centro se achaba o palacio califal.Bierman, I. A. (1998). Páxinas 62-69. Outros autores, como Jonathan Bloom, advirten pola contra que «ningunha fonte proporciona a menor pista sobre o significado que debían ter estes cambios».Bloom, J. M. (2007). Páxinas 37, 99. Malia ter variado o seu número, e aínda que ás veces se suprimiu o punto en favor dun campo central de inscrición horizontal, os tres círculos concéntricos no anverso e no reverso seguiron a ser o padrón dos dinares fatimís posteriores ata a fin da dinastía.Brett, Michael (2001). Páxina 304.

De xeito diferente aos seus predecesores, al-Mu'izz introduciu fórmulas explicitamente xiítas que proclamaban a doutrina ismailí: o anverso incluía loanzas a Ali como «herdeiro (wasi) do Profeta e o máis excelente lugartenente e esposo da Pura Radiante (é dicir, Fátima)», en tanto que no reverso se declaraban as pretensións de al-Mu'izz e os seus antepasados ao imanato como «Revivificador da Sunna de Mahoma, señor dos enviados [por Deus] e herdeiro da gloria dos Imáns Reitores».Darley-Doran, R. E. (1997). Páxina 596.Walker, P. E. (2002). Páxinas 96-97. A fórmula deliberadamente polémica sobre Alí abandonouse en 343H (954/5 d. C.), por razóns que están tan pouco claras como o motivo de que se introducise en primeiro lugar —posiblemente a fórmula tan incendiaria causase problemas coa maioría sunní dos súbditos fatimís—, e substituíuse pola máis moderada «Alí é o máis excelente dos herdeiros e é o lugartenente (wazir) do mellor dos enviados [por Deus]».

Desenvolvemento posterior miniatura|280x280px|Dinar cuñado en 1021, cos nomes do califa al-Hakim e o herdeiro designado Abd al-Rahim ibn Ilyas. Baixo al-Aziz (r. 975-996), engadiuse a fórmula «O servo de Deus e o seu compañeiro [por exemplo, Alí]» antes do nome do califa reinante. De xeito diferente á práctica abbásida, na que as moedas incluían adoito os nomes dos herdeiros ou visires designados, ou outros potentados,Darley-Doran, R. E. (1997). Páxinas 593-594. as moedas fatimís nunca o fixeron, coa excepción de al-Hakim (r. 996-1021), que engadiu ás moedas o nome do seu sucesor designado (wali ahd al-muslimin) como califa, Abd al-Rahim ibn Ilyas. Al-Hakim tamén se arredou do deseño do dinar de Mu'izz ao substituír o punto central por unha lenda co nome de Alá.Bierman, I. A. (1998). Páxina 82.

En 1130, Abd al-Majid puxo nas moedas o título de wali ahd al-muslimin durante a súa rexencia tras o asasinato do seu curmán, al-Amir (r. 1101-1130), antes de asumir el mesmo o califato como al-Hafiz en 1132.Halm, H. (2014). Páxinas 179, 182-183. Así e todo, antes diso, a súa rexencia viuse interrompida polo breve réxime de Kutayfat, quen aboliu por completo a dinastía fatimí e, no canto dela, puxo nas súas moedas un misterioso «Abu l-Qasim, o Esperado por orde de Deus [al-Muntazar li-Amr Allah], Príncipe dos Fieis» ou «o Imán rectamente guiado, que executa a vontade de Deus, Proba de Deus». Este «Imán esperado» non tiña nome e podería ter sido o infante al-Tayyib ou un fillo póstumo de al-Amir, pero crese que foi o derradeiro imán xiíta duodecimano, Muhammad al-Mahdi. Isto dista moito de ser certo, xa que a ambigüidade conviña aos propósitos de Kutayfat: en ausencia do nebuloso imán, tiña liberdade para gobernar como un vicerrei divinamente autorizado.Nicol, N. D. (2006). Páxinas 353-354.Halm, H. (2014). Páxinas 180-181.

Moeda de ouro: o dinar