Julio Astray-Caneda Álvarez-Builla, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado en Ourense o 9 de novembro de 1896, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Neto de Pedro Nicolás Astray Caneda e fillo de Jose Astray-Caneda Calvelo. Rematou a carreira de Dereito en 1847 e colexiouse en Madrid.Caneda Álvarez, José Astray. Expedientes de colegiación Avogado de Santiago de Compostela. Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Colaborou en El País e La Perseverancia. Militou no Partido Republicano e no Sexenio Democrático foi elixido deputado por Ribadavia nas eleccións de agosto de 1872. Maior contribuinte de Santiago de Compostela en 1881, na Restauración foi elixido deputado por Verín nas eleccións de 1886,El Correo Gallego, 8-4-1886, p. 2. e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Despois foi deputado provincial polo distrito de Ourense. Finou en Ourense o 9 de novembro de 1896.El Diario de Galicia, 13-11-1896, p. 2.El Miño, 8-11-1898, p. 3.
Obras Reflexiones sobre la memoria relativa al proyecto del ferrocarril económico directo de La Coruña a Santiago, 1882.
La trasladación del Apóstol Santiago (poema relixioso). Vida persoal Era irmán do alcalde de Vigo Marcelino Astray de Caneda.El Eco de Galicia, 13-11-1896, p. 2. Casou con Elvira Reguera e foi pai de Margarita Astray Reguera.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. p. 95. ISBN 84-87987-25-7.
Ligazóns externas Alfredo Vilas no Lordelo
Categoría:Avogados de Galicia
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1896