miniatura|Praza de abastos de Pontevedra. Unha praza de abastos, un mercado de abastos ou tamén unha central de abastos é o nome que reciben as instalacións e dependencias comerciais municipais pechadas e normalmente cubertas, situadas en aglomeracións urbanas, onde diversos comerciantes abastecen aos compradores de todo tipo de mercadorías.
Descrición miniatura|Praza de abastos de Santiago de Compostela. Nos mercados de abastos, a oferta de abastecemento inclúe produtos perecedoiros como carnes, peixes, froitas e hortalizas. Tamén pode haber outras tendas que vendan pan, produtos lácteos, flores, conservas, produtos de limpeza xeral, así como outros diversos artigos relacionados co consumo xeral e as necesidades básicas definidas por cada nación. Os modernos mercados alimentarios tamén contan con cámaras frigoríficas para conservar alimentos de orixe animal.
En Galicia, as prazas de abastos adoitan ter postos de venda ambulante autorizados e anexos á edificación.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Mercados Categoría:Comercio Categoría:Arquitectura