A batalla das Babias produciuse no ano 795 cando o emir de Córdoba, Hixam I, intentou vingar as súas anteriores incursións militares en 794 contra os reinos cristiáns baixo o mando dos irmáns Abd al-Karim ibn Abd al-Walid e Abd al-Malik ibn Abd al-Walid. As batallas anteriores resultaron en perdas devastadoras para o emirato, a máis importante na batalla de Lutos, onde un dos irmáns caeu. A batalla resultou en vitoria musulmá.
Antecedentes O emir cordobés Hirxam I buscou vinganza pola derrota do seu exército en 794 na batalla de Lutos, na que o xeneral cordobés Abd al-Malik ibn Abd al-Walid morreu en combate. Con este fin, enviou ao seu irmán, Abd al-Karim ibn Abd al-Walid á fronte dun exército de 10 000 homes en armas contra os cristiáns de Asturias.
O emir tamén organizou outro exército que marchou contra Galicia, esta segunda columna entrou no territorio arrasando ao seu paso. Tras a súa retirada, entrou en conflito separado coas forzas galegas e asturianas e foi derrotado. Nesta acción, os musulmáns sufriron grandes perdas e moitas das forzas foron capturadas, pero finalmente lograron escapar.
Afonso II, que reforzara o seu exército con machusmachus ou majus, idólatras vascos locais fixo o seu campamento preto de Astorga. A zona fora unha base de operacións para os ataques musulmáns a través do Porto de Mesa. Dende alí, o rei cristián enviou aos habitantes locais ás montañas circundantes e agardou a que as forzas cordobesas se enfrontasen a el, tendo a retirada garantida por Porto de Mesa.
Batalla Abd al-Karim enviou a súa vangarda de 4 000 homes contra a forza principal de Afonso II baixo o mando de Farach ibn Kinanah, o comandante da División Sidoniyya. Pouco despois, o propio Abd al-Karim avanzou coa retagarda e as reservas, as súas forzas combinadas lograron derrotar con éxito aos cristiáns. Tal e como estaba previsto, os cristiáns retiráronse polo camiño de Porto de Mesta mentres loitaban nunha acción de retagarda contra a cabalería cordobesa.
Consecuencias Abd al-Karim e Farach ibn Kinanah procederon a derrotar as forzas cristiás na batalla do río Quirós, de novo na batalla de río Nalón e culminando coa captura de Oviedo. Co inicio do inverno, as forzas cordobesas retiráronse ás súas terras sen dar o golpe definitivo a Afonso II.
A morte de Hixam I de Córdoba e as posteriores disputas entre os seus herdeiros aseguraron que os reinos cristiáns puidesen recuperarse destas derrotas no transcurso duns anos. O tempo permitiu que Afonso II consolidase unha alianza con Carlomagno, rei dos francos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Batalla de Lutos Batalla do río Nalón Batalla do Campo da Matanza Afonso II
Categoría:Batallas da Reconquista Categoría:Batallas do Emirato de Córdoba Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:Batallas do século VIII Categoría:795