miniatura|Soldados romanos asasinando druídas e queimando as súas fragas sagradas en Ynys Môn, segundo o describiu Tácito. As fragas sagradas ou bosques sagrados son arboredos que teñen unha importancia relixiosa especial dentro dunha cultura particular. As fragas sagradas están presentes en varias culturas arredor do mundo. Estes arboredos, na súa maioría, están protexidos polas comunidades locais, e a miúdo xogan unha función crítica en protexer fontes de auga e biodiversidade, incluíndo recursos esenciais para os grupos que as protexen.Coggins, Chris and Bixia Chen (Eds/Auths). 2022. Sacred Forests of Asia: Spiritual Ecology and the Politics of Nature Conservation. Routledge/Earthscan Forest Library.
Estas fragas eran características importantes da paisaxe mitolóxica e do culto do politeísmo celta, estoniano, báltico, xermánico, grego antigo, do Oriente Próximo, romano e eslavo. Tamén se atopan en lugares como a India (Maharashtra, Karnataka, Kerala e Tamil Nadu), o Xapón (jinja), a China (bosque fengshui), o oeste de África e Etiopía. Exemplos de fragas sagradas inclúen o grecorromano témenos, varias palabras xermánicas para os soutos sagrados e o céltico nemeton, que estaba asociado en gran parte pero non exclusivamente coa práctica druídica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Taylor, Isaac (1864). Words and places: or, etymological illustrations of history, ethnology, and geography. New York: Macmillan. .
Outros artigos As árbores na cultura popular galega Bosque encantado Árbores na mitoloxía Nemeton Lucus