Beatriz Campos, máis coñecida como Bea Campos, nada en Cerdedo en 1984, é unha actriz, presentadora e conta-contos galega.

Traxectoria

É Licenciada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Dende moi nova comezou a contar contos en múltiples participando en festivais de artes escénicas en Latinoamérica. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público infantil. É cofundadora na compañía Inventi Teatro (con Carlos Alonso) e traballou como actriz profesional en Inversa Teatro, Avento Produccións, Triatreros, Arelas das Artes etc. É formadora de expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Traballou na TVG e en Kalandraka na canle de vídeos.

É filla de María Campos e Carlos Yus, os fundadores de Migallas Teatro.

Espectáculos

Con Migallas Teatro: Entre arrolos e contiños, Contos nas orellas, Orella Pendella, A procura do tesouro e Contos da mesa de noite. Marcho que teño que marchar Chejar e encher

TVG

Por algo será!

Premios

Premio de interpretación Marta Sieiro na ESAD.

Notas

Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Actores de Galicia Categoría:Nados en 1984