Juan Bartolomé de Callejón Villegas, nado en Berja en 1816 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1890, foi un militar, diplomático e político español.
Traxectoria Ingresou na Academia Militar de Toledo. En 1835 foi destinado a Cataluña para loitar contra as partidas carlistas. En 1841 foi destinado ao rexemento da costa de Almería. Retirouse do Exército en 1845. En 1858 foi nomeado vicecónsul de España en Nova Orleáns e coa morte do cónsul ocupou o seu posto durante a Guerra civil estadounidense. Despois foi cónsul en Alxer.La Época, 17-10-1868, p. 2. No Sexenio Democrático foi elixido deputado polo distrito da Fonsagrada nas eleccións de agosto de 1872. Era un dos propietarios dos terreos do dique de Vigo. Finou en Madrid en xullo de 1890.El Regional, 18-7-1890, p. 3.
Recoñecementos Cabaleiro da Real Orde de Carlos II e Isabel a Católica. Cruz Laureada de San Fernando.
Vida persoal
Casou con Marie Héloïse Kennedy Massicot, e foi pai de Ventura, Juana e Gabriela de Callejón Kennedy.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Juan Bartolomé de Callejón Villegas Eduardo Propper de Callejón
Categoría:Militares de España
Categoría:Diplomáticos de España
Categoría:Deputados nas Cortes Españolas durante o Sexenio Democrático Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados na provincia de Almería Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1890